Páginas

Google Website Translator Gadget

lunes, 15 de junio de 2015

FONDO DE ACCIÓN SOCIAL: GALICIA

CSIF      JUSTICIA      INFORMA



VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 2015, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade á convocatoria e aos criterios de repartición do fondo de acción social do ano 2015 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.


FINALIZANDO EL PLAZO DE PRESENTACIÓN EL 6 DE JULIO DE 2015


1. Ámbito persoal e beneficiarios.

1.1. Poderán solicitar as axudas os funcionarios de carreira e interinos dos seguintes corpos ao servizo da Administración de xustiza: médicos forenses, xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e mais auxilio xudicial.

O persoal referido no parágrafo anterior deberá estar, no prazo de presentación das solicitudes, en situación de servizo activo ou de excedencia por coidado de fillos e ter destino nesta comunidade autónoma, así como reunir os restantes requisitos exixidos polo presente programa de atención de persoas discapacitadas do fondo de acción social.

1.2. Tamén poden solicitar a axuda aquelas persoas que prestasen servizos como funcionarios interinos da Administración de xustiza nesta comunidade autónoma durante o período comprendido entre o final da acción social do ano pasado (día 4.5.2014) e a finalización do prazo de presentación de instancias desta convocatoria.

1.3. Terán a condición de beneficiarios:

a) Os solicitantes con discapacidade física, psíquica ou sensorial superior ao 33 % que reúnan os requisitos establecidos nos puntos anteriores.

b) Os solicitantes que, reunindo os requisitos establecidos nos puntos anteriores, teñan baixo a súa dependencia directa e legal, e vivindo ás súas expensas, cónxuxe, parella de feito, fillos, ascendentes de primeiro grao por consanguinidade ou afinidade ou persoas tuteladas por sentenza xudicial firme con discapacidade física, psíquica ou sensorial superior ao 33 %.


SALUDOS

PRIMERA FUERZA SINDICAL EN JUSTICIA A NIVEL NACIONAL


CSI  Defendiendo lo público

Central Sindical Independiente y de Funcionarios    Sector  Justicia   

c/ Fernando el Santo, nº 17, 2ª 28010 MADRID 

Teléfono: 91 567 44 69 y 91 567 59 91  

web: http://www.csi-f.es/sector/administracion-justicia/ambito/nacional 

correo electrónico: justicia@csi-f.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario