Páginas

Google Website Translator Gadget

martes, 3 de septiembre de 2013

CURSOS DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA GALEGA E PREPARATORIOS PARA OS CELGA

CSIF      JUSTICIA      INFORMA

CURSOS DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA GALEGA E PREPARATORIOS PARA OS CELGA


Convocados, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior e cursos preparatorios para a consecución dos certificados de lingua galega (Celga) nas escolas oficiais de idiomas de Galicia.

Os cursos impartiranse entre setembro de 2013 e febreiro de 2014, en horario de mañá ou de tarde.

Os cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior van dirixidos ao persoal das diferentes administracións públicas de Galicia, exceptuando o persoal docente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o persoal sanitario.
Poderán tamén solicitar a realización destes cursos as persoas maiores de dezaseis anos que non sexan empregados/as públicos/as e posúan os certificados ou acreditacións equivalentes recollidos na letra a) do artigo 3 desta orde. Neste suposto só se poderá optar ás prazas no caso de que non sexan cubertas por empregados/as públicos/as as prazas ofertadas para cada curso.

Os cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, poderán ser solicitados por todas as persoas maiores de dezaseis anos, ou aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria, que desexen preparar as probas convocadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística para certificar a súa competencia en lingua galega.
As solicitudes presentaranse na secretaría da escola oficial de idiomas onde teña lugar o curso.
O prazo para a presentación das solicitudes será de 20 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
O alumnado que aspire a participar nos cursos de linguaxe administrativa galega engadiralle ao modelo de solicitude o xustificante de ser persoal das diferentes administracións públicas de Galicia en situación de servizo activo ou excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou dun/dunha familiar.




SALUDOS

PRIMERA FUERZA SINDICAL EN JUSTICIA A NIVEL NACIONAL


CSI  Defendiendo lo público

Central Sindical Independiente y de Funcionarios    Sector  Justicia   

c/ Fernando el Santo, nº 17, 2ª 28010 MADRID Teléfono: 91 567 44 69 y 91 567 59 91  web: www.csi-f.es/justicia correo electrónico: justicia@csi-f.es

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario