CSI●F JUSTICIA INFORMA
Gustaríache traballar para unha marca de roupa? H&M busca persoal en Pontevedra
26/06/2011
A cadea de tendas de roupa H&M ten previsto abrir en outono un novo centro en Pontevedra e xa empezou a buscar persoal para esa zona aínda que de momento, os postos que se ofertan son para o xefe de tenda, xefe de sección e visual merchandiser. Seguramente en poucos días ofertarán tamén unhas 50 vacantes para traballar de dependente/a. Ademais, hai outras vacantes similares en Madrid, Valladolid e Vigo que poden resultarche interesantes.
H&M busca en Pontevedra unha persoa responsable de tenda, outra de sección e un visual merchandiser, esixindo en todos os casos unha experiencia mínima de dous anos en postos similares no sector da moda.
A responsable de tenda liderará un equipo de 30 a 50 persoas, orientado a vendas e resultados, e para este posto valórase o coñecemento do inglés. A responsable de sección debe ter experiencia comercial e en xestión de equipos (10-20 persoas). Mentres que para o posto de visual merchandiser se piden persoas polivalentes con experiencia en escaparatismo e coordinación de tendas.
En Valladolid, busca un responsable de sección, ao igual que en Madrid onde tamén oferta unha praza como xefe de tenda. Finalmente, en Vigo, necesitan visual merchandiser. Todos estes postos teñen as mesmas características dos que vos comentamos en Pontevedra.
Máis información en:
No hay comentarios:
Publicar un comentario