Páginas

Google Website Translator Gadget

jueves, 30 de junio de 2011

Os Axentes de Emprego de Pontevedra informan da convocatoria de Bolsas de Emprego en Correos

CSIF               JUSTICIA INFORMA


De OPOSICIÓNS 24-06-2011
Convocatoria de Bolsas de Emprego en CORREOS
Prazo de instancias dende o 11 ao 29 de xullo de 2011
CONVOCATORIA
No taboleiro de anuncios de Correos publicouse o 24 de xuño de 2011 a convocatoria para a constitución de Bolsas de Emprego destinadas á cobertura temporal de postos operativos.
Os ámbitos xeográficos de cada Bolsa de Emprego son os que figuran relacionados no Anexo a esta convocatoria.
En cada ámbito xeográfico existirán como máximo catro bolsas de emprego:
·         Atención ao cliente
·         Axente/Clasificación
·         Repartición 1 (moto/servizos rurais motorizados)
·         Repartición 2 (piei/servizos rurais non motorizados)
Estas Bolsas perseguen o obxectivo de posibilitar a contratación de persoal laboral para atender, por distintas necesidades, a cobertura temporal dos postos mencionados de Correos. Por isto recomendámoste que presentes a solicitude en prazo xa que Correos utilizará estas Bolsas para chamar aos candidatos que as integren e por orde de puntuación.
TITULACIÓN
Educación Secundaria Obrigatoria, Graduado Escolar, ou titulación oficial que a substitúa ou coñecementos, experiencia e aptitudes no desempeño da súa profesión equivalentes a esta titulación.
Para a bolsa de Repartición en Moto requirirase a posesión do permiso de conducir moto A, A1 (A2 antigo), ou a posesión do permiso de conducir B (B1 antigo), cunha antigüidade superior a tres anos salvo para os servizos rurais con automóbil.
SOLICITUDES
. As solicitudes presentaranse exclusivamente de forma online na páxina habilitada para o efecto en internet www.correos.es/particulares/información corporativa/recursos humanos e no intranet de Correos.
> > Instancia (dispoñible a partir do 11 de xullo!)
. O prazo de presentación de solicitudes será dende o día 11 ao 29 de xullo de 2011, ambos os dous inclusive.

No hay comentarios:

Publicar un comentario