CSI●F JUSTICIA INFORMA
OS AXENTES DE EMPREGO DA CSI-F INFORMAN DA CONVOCATORIA PÚBLICA DE DÚAS BOLSAS DE COLABORACIÓN PARA A REALIZACIÓN DE TAREFAS DE INFORMACIÓN EN OFICINAS DE TURISMO DO CONCELLO DO ROSAL
Concesión de DÚAS bolsas de colaboración, en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de prácticas nas oficinas de turismo do concello do Rosal, entre o 1 de xullo e o 31 de agosto de 2011.
BENEFICIARIOS
Poderán ser beneficiarios destas bolsas de colaboración aquelas persoas físicas que, tendo capacidade de obrar e non estando inhabilitadas para a obtención de axudas e subvencións públicas, reúnan os seguintes requisitos:
a) Ser membro dun país da Unión Europea e residente en España.
b) Estar en posesión do título de Diplomado en Turismo ou equivalente, ou Técnico Superior de Información e comercialización Turística, no momento da convocatoria do proceso de selección.
A titulación deberá ser, cando menos, obtida no ano 2002 ou con posterioridade a esta data.
Os títulos obtidos no estranxeiro ou en centros españois non estatais deberán ser validados ou recoñecidos.
c) Non estar incurso en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiario sinaladas no apartado 2 do artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As instancias solicitando tomar parte nesta convocatoria presentaranse no rexistro xeral do concello. As solicitudes para participar no concurso, que se axustarán ao modelo que figura como Anexo I, deberán presentarse no prazo de 15 días naturais a contar dende o seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.
Xunto a solicitude, Anexo I, achegarase a seguinte documentación orixinal ou debidamente compulsada:
a) Fotocopia do Documento Nacional de Identidade, ou calquera outro que o substitúa.
b) Documento acreditativo de estar en posesión do título esixido para a dita bolsa, ou en condicións de obtelo na data en que remata o prazo de presentación de solicitudes.
c) certificado do expediente académico.
d) currículum vitae e documentación acreditativa deste.
e) Declaración responsable conforme o Anexo II.
DURACIÓN
O período de duración das actividades a realizar será de 500 horas para os dous bolseiros desenvolvéndose dende o 1 de xullo ata e o 30 de agosto de 2011 da seguinte maneira:
— De martes a venres en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:30.
— Sábados, domingos e festivos, de 9:30 a 21:30 horas.
— Luns, a oficina de turismo permanece pechada.
A xornada distribuirase entre os dous bolseiros de tal maneira que de martes a venres realicen 4 horas, cada un e sábados, domingos, e festivos, 6 horas
PODEDES CONSULTAR AS BASES NO BOP NÚM. 101 VIERNES 27 DE MAYO DE 2011 PÁG. 18

No hay comentarios:
Publicar un comentario