O 1 de xaneiro coincide en domingo, polo que se permite engadir como festivo
autonómico o 17 de maio, día das Letras Galegas, que se suma así ao 25 de xullo,
Día de Galicia
En total, serán doce días festivos entre os nacionais e os autonómicos, máis as
dúas xornadas de festas locais
O Consello da Xunta aprobou hoxe o proxecto de decreto polo que determina o
calendario laboral para o ano 2012 en Galicia. Esta axenda recolle tanto os festivos
nacionais como os autonómicos, de xeito que son, en total, doce días festivos de
carácter retribuído e non recuperable.
As comunidades autónomas teñen a facultade de opción ou substitución de festivos
por outros que pola súa tradición lle son propios. En Galicia óptase polo 25 de xullo,
Día de Galicia, e, sempre que o calendario anual o permita por coincidir en domingo
algún festivo estatal, pódese declarar festivo outro día, que por orde de preferencia
sería o Día das letras galegas.
Precisamente, ao coincidir o 1 de xaneiro en domingo, a Comunidade Autónoma de
Galicia opta por substituílo polo 17 de maio, Día das Letras galegas. Deste xeito,
súmase ao outro festivo autonómico (25 de xullo, Día de Galicia).
Polo tanto, o calendario laboral quedará configurado así:
6 de xaneiro Día de Reis
5 de abril Xoves Santo
6 de abril Venres Santo
1 de maio Festa do Traballo
17 de maio Día das Letras Galegas
25 de xullo Día Nacional de Galicia
15 de agosto Asunción
12 de outubro Día da Hispanidade
1 de novembro Todos os Santos
6 de decembro Día da Constitución
8 de decembro A Inmaculada
25 de decembro Nadal
A estes días haberá que sumar as dúas festas locais, que dependerán en cada caso
dos distintos concellos, e que serán publicados tanto nos boletíns oficiais da provincia
como no Diario Oficial de Galicia (DOG).
No hay comentarios:
Publicar un comentario