'PARA UNHA FUNCIÓN PÚBLICA EFICAZ'
Currás aposta por 'axustar' os soldos á eficiencia dos funcionarios
Redacción . A conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, afirmou hoxe que os custos salariais dos empregados públicos 'se deben axustar en función da eficacia' e considerou que a falta de rendemento que se atribúe aos funcionarios non é 'unha consecuencia inevitábel da estabilidade'.
04.06.2010 | 14:55
Marta Fernández Currás, conselleira de Facenda.
Pola contra, defendeu que esta estabilidade é a garantía do funcionamento da administración pública e non debe ser entendida como unha "ameaza" ao sector privado. Ademais, admitiu como necesario reducir estruturas, como, dixo, xa fai a Xunta, e rexeitou recorrer a medidas "fáciles e indiscriminadas" que poden xerar problemas no futuro e "pór en risco a administración".
A conselleira, que interveu na clausura dunhas xornadas de CSI-CSIF sobre a función pública galega, a responsabilidade de non obter unha administración máis eficiente "é de todos" e reflexionou que a administración "pensa ben, pero executa mal". "Temos un problema de imaxe", afirmou a conselleira, que manifestou o seu "máximo respecto, admiración e agradecemento" aos empregados públicos.
Fernández Currás asegurou que é "imprescindíbel estabelecer unha coordinación entre os recursos humanos e as necesidades orzamentarias" e recalcou que é necesario modernizar o sector público, pero que, nun contexto de crise, a administración está "aínda máis obrigada a ter unha función pública eficaz".
Así mesmo, insistiu na necesidade de pór en macha accións que "cun mínimo custo permitan lograr un aumento da eficacia" e que "axuden ao mesmo tempo a modernizar e reordenar" a función pública.

No hay comentarios:
Publicar un comentario