Google Website Translator Gadget

miércoles, 3 de enero de 2018

CURSOS DE GALEGO da EGAP



CONVOCATORIA CURSOS DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA E XURÍDICA GALEGA

A EGAP convoca, no DOG núm. 1 do 2 de xaneiro, os seguintes cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega, niveis medio e superior.

- 28 cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega para os empregados públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, destinados nas administracións territoriais, institucionais, entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma de Galicia, así como ao persoal da Administración de xustiza e persoal de administración e servizos (PAS) das tres universidades do sistema universitario galego.

Máis información na web da EGAP: https://egap.xunta.gal/fichanova/id/2764

- 2 cursos de linguaxe xurídica galega para os empregados públicos ao servizo da Administración de xustiza que preste servizos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia (maxistrados, xuíces, fiscais, secretarios xudiciais, médicos forenses, funcionarios dos corpos de Xestión Procesual e Administrativa, de Tramitación Procesual e Administrativa e de Auxilio Xudicial).

Máis información na web da EGAP: https://egap.xunta.gal/fichanova/id/2766

O prazo de inscrición estará aberto desde as 8 horas do 3 de xaneiro ata as 14 horas do 10 de xaneiro a través da área de matrícula: https://egap.xunta.gal/matricula