Páginas

Google Website Translator Gadget

viernes, 20 de febrero de 2015

Comunicado de Prensa: Reunión CSIF e Grupo Parlamentario Popular sobre proxecto de Lei de emprego público de Galicia

CSIF      JUSTICIA      INFORMA 

COMUNICADO DE PRENSA

LEI DE EMPREGO PUBLICO DE GALICIA

 

REUNIÓN DA CSI•F CO GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR

 

A CSI•F segue e suma coa súa rolda de reunións no parlamento de Galicia para facerlle chegar aosdiferentes grupos as súas alegacións e propostas ao proxecto de Lei de Emprego Público de Galicia.Neste caso, o pasado 12 de febreiro, reuniuse co grupo parlamentario do PP.

 

CSI•F trasladou ao grupo parlamentario do PP a falla de negociación realpor parte do goberno galegocoas organizacións sindicaisá hora de acadar unha futura Lei do Emprego Público de Galicia para que sexa realmente a lei de todos os empregados públicos e non só unha norma elaborada para favorecer unicamente a determinados colectivos, consagrar privilexios e implantar o nepotismo na Administración galega.

 

Neste senso, a CSI•F recordoulle ao grupo parlamentario popular que, debido a súa ampla maioría no conclave autonómico, debe asumir a máxima responsabilidade e iniciativa á hora derecoller aqueles aspectos claves e cruciais que permitan dar resposta ás problemáticas e necesidades que afectan directamente a uns 180.000 empregados e as súas familias,xunto coa súa afectación indirecta a toda a sociedade galega, debido á repercusión que pode carrear esta norma na garantía duns servizos públicos e de calidade.

 

Así, a CSI•F insistiu nas súas propostas para a restitución dos dereitos económicos e laborais dos empregados públicos, o establecemento de ferramentas que garantan unha verdadeira carreira profesional ( como por exemplo, o establecemento dunha taxa do 50% para a promoción interna mediante convocatorias independentes e procedementos excepcionais), o establecemento dun punto e final para os procesos de consolidación de emprego, xunto coa eliminación dos variados mecanismos de coacción recollidos na lei tales como a avaliación subxectiva do desempeño ou a mobilidade forzosa.

 

CSI•F, tras as reunións que mantivo cos grupos parlamentarios do PSOE e do PP  ao longo deste mes de febreiro, e á espera da convocatoria do resto de grupos parlamentarios, amosou a súa máxima disposición e colaboración para facilitarlle todo o apoio que poidan precisar na presentación das correspondentes emendas.

 

Do mesmo xeito, CSI•F solicitou esta mesma semana unha reunión urxente co novo Conselleiro de Facenda para facerlle chegar a visión e as propostas desta central sindical respecto deste proxecto de lei coa intención de recuperar o diálogo e poder introducir esas modificacións craves para todos os empregados públicos galegos antes da aprobación do proxecto de lei polo Parlamento galego.


REUNIÓN GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR

 

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2015.

 

 

José Fco. Sánchez-Brunete Varela

Secretario de Acción Sindical

CSI•F GALICIA

Rúa do Valiño nº 65 baixo

15707 Santiago de Compostela

Tel.: 981 560 951 - Fax: 981 575 140

e-mail: s.accionsindical77@csi-f.es

www.csi-f.es/ambito/galicia

www.csifgalicia.es

 

 







SALUDOS

PRIMERA FUERZA SINDICAL EN JUSTICIA A NIVEL NACIONAL


CSI  Defendiendo lo público

Central Sindical Independiente y de Funcionarios    Sector  Justicia   

c/ Fernando el Santo, nº 17, 2ª 28010 MADRID 

Teléfono: 91 567 44 69 y 91 567 59 91  

web: http://www.csi-f.es/sector/administracion-justicia/ambito/nacional 

correo electrónico: justicia@csi-f.es


No hay comentarios:

Publicar un comentario