Google Website Translator Gadget

martes, 3 de febrero de 2015

Comunicado de Prensa reunión CSIF e Grupo Parlamentario Socialista: Lei de Emprego Público de Galicia

CSIF      JUSTICIA      INFORMA


COMUNICADO DE PRENSA sobre a LEI DE EMPREGO PÚBLICO anunciando a reunión da CSI•F co Grupo Parlamentario do PSdG, e que de seguido se reproduce:

 

COMUNICADO DE PRENSA

LEI DE EMPREGO PUBLICO DE GALICIA

 

A CSI•F reúnese o día 4 de febreiro de 2015, ás 12:00 horas, co Grupo Parlamentario do PSdG para facerlle chegar as súas alegacións ao proxecto de Lei de Emprego Público de Galicia.

 

Despois de denunciar que o goberno galego pretende aprobar a Lei de Emprego Público sen negociación e ás costas dos empregados públicos e tras solicitar reunións con todos os grupos parlamentarios, o vindeiro mércores día 4 de febreiro de 2014 a CSI•F será recibida polo grupo parlamentario socialista, único grupo que, de momento, contestou ás peticións de reunións feitas o pasado día 19 de decembro de 2014.

 

Ante a falta de negociación real coas OO.SS por parte do goberno galego, a CSI•F non lle queda outra alternativa que recorrer aos grupos parlamentarios para conseguir que a futura Lei do Emprego Público de Galicia sexa realmente a leis de todos os empregados públicos e non só unha lei elaborada para favorecer unicamente a determinados colectivos, consagrar privilexios e implantar o nepotismo na Administración galega.

 

Dende a CSI•F esperamos que en próximas datas teñamos tamén resposta dos demáis grupos parlamentarios, o grupo popular incluído.

 

Así mesmo, a CSI•F recorda que solicitou á Mesa do Parlamento que devolva o proxecto de lei ao Consello da Xunta por entender que non cumpriron os requisitos legais de negociación real.

 

Por último lembrar que a futura Lei do Emprego Público de Galicia afectará a máis de 180.000 empregados públicos.

 

Santiago de Compostela, 02 de febreiro de 2015.

 

 


REUNIÓN GP PSDGA



 

José Fco. Sánchez-Brunete Varela

Secretario de Acción Sindical

CSI•F GALICIA

Rúa do Valiño nº 65 baixo

15707 Santiago de Compostela

Tel.: 981 560 951 - Fax: 981 575 140

e-mail: s.accionsindical77@csi-f.es

www.csi-f.es/ambito/galicia

www.csifgalicia.es