Páginas

Google Website Translator Gadget

lunes, 15 de diciembre de 2014

CURSOS DE GALLEGO

CSIF      JUSTICIA      INFORMA


Novo prazo de inscrición para cursos de linguaxe administrativa e preparatorios dos Celga

12/12/2014

De acordo coa Orde do 20 de agosto de 2014, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a partir do 15 de decembro de 2014, e ata o 16 de xaneiro de 2015, estará aberto un novo prazo de inscrición para cursos de linguaxe administrativa galega e preparatorios para os Celga (certificados de lingua galega).

Os novos cursos terán lugar entre febreiro e maio de 2015 e realizaranse nas escolas oficiais de idiomas.

Os cursos de linguaxe administrativa galega serán de nivel medio e superior. Realizaranse practicamente todos en liña, agás un presencial (de nivel medio), que se impartirá na Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra. As demais escolas onde tamén haberá cursos son as seguintes: A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo. Na de Pontevedra tamén terá lugar un curso en liña de nivel superior.

Os cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga) serán todos presenciais e desenvolveranse nas escolas da Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.

Información completa (cos requisitos e impresos de inscrición) na orde da convocatoria, publicada no DOG do 27 de agosto de 2014.



INFORMA CURSOS DE GALLEGO



SALUDOS

PRIMERA FUERZA SINDICAL EN JUSTICIA A NIVEL NACIONAL


CSI  Defendiendo lo público

Central Sindical Independiente y de Funcionarios    Sector  Justicia   

c/ Fernando el Santo, nº 17, 2ª 28010 MADRID 

Teléfono: 91 567 44 69 y 91 567 59 91  

web: http://www.csi-f.es/sector/administracion-justicia/ambito/nacional 

correo electrónico: justicia@csi-f.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario