Google Website Translator Gadget

viernes, 21 de noviembre de 2014

Festivos Locales de Galicia 2015

CSIF      JUSTICIA      INFORMA


http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20141120/AnuncioCA05-131114-0003_gl.html



CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2014, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se lles dá publicidade ás festas laborais de carácter local para o ano 2015, correspondentes aos concellos das catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 37.2º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no artigo 46 do Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo, así como no artigo 2 do Decreto 67/2014, do 28 de maio, polo que se determina o calendario laboral para o ano 2015 na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 112, do 13 de xuño), segundo o procedemento establecido e en virtude das resolucións ditadas para o efecto, as xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar elaboraron o calendario laboral provincial en que se determinan as festas laborais de carácter local correspondentes aos concellos da respectiva provincia –A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra–.

De conformidade co establecido no artigo 46 do Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo, e no artigo 2 do Decreto 67/2014, do 28 de maio, e ante a conveniencia de que se coñezan as festividades de ámbito local desta comunidade autónoma sen ter que consultar diferentes boletíns oficiais, é preciso que se lles dea publicidade nun único diario oficial.

En virtude do anterior, a Dirección Xeral de Traballo e Economía Social acorda o seguinte:

Primeiro. Darlles publicidade ás festas de carácter local, inhábiles para os efectos laborais, retribuídas e non recuperables, para o ano 2015, que serán para os concellos pertencentes ás provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, as que figuran, respectivamente, nos anexos I, II, III e IV.

Segundo. Lembrar que, en virtude do establecido no artigo 34.6 do Estatuto dos traballadores, as empresas deberán ter exposto o calendario laboral nun lugar visible de cada centro de traballo, para coñecemento e consulta dos seus traballadores e traballadoras. O incumprimento do anterior constitúe infracción en materia laboral tipificada no artigo 6 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2014

Carmen Bouso Montero
Directora xeral de Traballo e Economía Social

ANEXO I
Calendario laboral 2015

Provincia: A Coruña.

1. Abegondo: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 24 de xuño, festa de San Xoán.

2. Ames: 14 de maio, festa da Ascensión; 24 de xuño, festa de San Xoán.

3. Aranga: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 24 de xuño, festa de San Xoán.

4. Ares: 18 de febreiro, Mércores de Cinza; 26 de maio, Voto de Chanteiro.

5. Arteixo: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 24 de xuño, festa de San Xoán.

6. Arzúa: 24 de xuño, festa de San Xoán; 16 de xullo, festa de Nosa Señora do Carme.

7. A Baña: 22 de xaneiro, festa de San Vicente; 9 de setembro, festa da Virxe das Dores.

8. Bergondo: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 24 de xuño, festa de San Xoán.

9. Betanzos: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 18 de agosto, festa local de Betanzos.

10. Boimorto: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 7 de setembro, Luns de Rosario.

11. Boiro: 16 de xullo, día da Virxe do Carme; 31 de agosto, festa de San Ramón.

12. Boqueixón: 22 de xaneiro, festa de San Vicente; 14 de maio, festa da Ascensión.

13. Brión: 14 de maio, festa da Ascensión; 24 de xuño, festa de San Xoán.

14. Cabana de Bergantiños: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 24 de xuño, festa de San Xoán.

15. Cabanas: 11 de novembro, festa de San Martiño; 30 de novembro, festa de San Andrés.

16. Camariñas: 24 de xuño, festa de San Xoán; 16 de xullo, día da Virxe do Carme.

17. Cambre: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 24 de xuño, festa de San Xoán.

18. A Capela: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 5 de agosto, festa de Nosa Señora das Neves.

19. Carballo: 24 de xuño, festa de San Xoán; 25 de xuño, festa de San Xoán.

20. Cariño: 16 de xullo, festa da Virxe do Carme; 24 de agosto, Festivo local de Cariño.

21. Carnota: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 7 de decembro, festa local de Carnota.

22. Carral: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 24 de xuño, festa de San Xoán.

23. Cedeira: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 8 de setembro, festa de San Andrés.

24. Cee: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 16 de xuño, festa de Santo Adrián de Toba.

25. Cerceda: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 24 de xuño, festa de San Xoán.

26. Cerdido: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 24 de xuño, festa de San Xoán.

27. Coirós: 7 de xaneiro, festa de San Xulián; 17 de febreiro, Martes de Entroido.

28. Corcubión: 29 de xuño, festa de San Pedro; 16 de xullo, festa de Nosa Señora do Carme.

29. Coristanco: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 29 de xuño, festa de San Pedro.

30. A Coruña: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 24 de xuño, festa de San Xoán.

31. Culleredo: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 24 de xuño, festa de San Xoán.

32. Curtis: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 8 de setembro, festa da Nosa Señora dos Remedios.

33. Dodro: 6 de abril, Luns de Pascua; 24 de agosto, festa de San Campio.

34. Dumbría: 24 de xuño, festa de San Xoán; 10 de decembro, festa de Santa Baia.

35. Fene: 18 de febreiro, Mércores de Cinza; 6 de agosto, festa de San Salvador.

36. Ferrol: 7 de xaneiro, festa de San Xiao; 6 de abril, festa de Nosa Sra. de Chamorro.

37. Fisterra: 6 de abril, Luns de Pascua; 8 de setembro, festa local de Fisterra.

38. Frades: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 29 de setembro, festa de San Miguel.

39. Irixoa: 16 de febreiro, Luns de Entroido; 17 de febreiro, Martes de Entroido.

40. Laracha, A: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 8 de setembro, festa da Virxe dos Miragres de Caión.

41. Laxe: 21 de xullo, festa da Cruz da Rosa; 17 de agosto, festa da Virxe do Carme na vila de Laxe.

42. Lousame: 24 de xuño, festa de San Xoán; 10 de agosto, festa de San Lourenzo.

43. Malpica: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 5 de xuño, Corpus Christi.

44. Mañón: 16 de febreiro, Luns de Entroido; 7 de setembro, festa de Mañón.

45. Mazaricos: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 24 de xuño, festa de San Xoán.

46. Melide: 29 de xuño, festa de San Pedro; 16 de xullo, día da Virxe do Carme.

47. Mesía: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 15 de maio, festa de San Cidre.

48. Miño: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 29 de xuño, festa de San Pedro.

49. Moeche: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 23 de abril, festa de San Xurxo.

50. Monfero: 16 de febreiro, Luns de Entroido; 17 de febreiro, Martes de Entroido.

51. Mugardos: 7 de xaneiro, festa de San Xiao; 26 de maio, Voto de Chanteiro.

52. Muros: 29 de xuño, festa de San Pedro; 16 de xullo, festa do Carme.

53. Muxía: 6 de abril, Luns de Pascua; 14 de setembro, Luns da Barca.

54. Narón: 18 de febreiro, Mércores de Cinza; 23 de novembro, Día de Narón.

55. Neda: 24 de xuño, festa de San Xoán; 8 de setembro, festa de Santa María de Neda.

56. Negreira: 10 de xullo, festa de San Cristovo; 21 de setembro, festa de Santa Margarida.

57. Noia: 24 de xuño, festa de San Xoán; 16 de xullo, día da Virxe do Carme.

58. Oleiros: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 24 de xuño, festa de San Xoán.

59. Ordes: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 17 de agosto, festa local de Ordes.

60. Oroso: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 16 de setembro, festa de Santa Eufemia.

61. Ortigueira: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 29 de xullo, festa de Santa Marta.

62. Outes: 18 de febreiro, Mércores de Cinza; 29 de setembro, festa de San Campio.

63. Oza-Cesuras: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 24 de xuño, festa de San Xoán.

64. Paderne: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 18 de agosto, festa local de Paderne.

65. Padrón: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 6 de abril, Luns de Pascua.

66. O Pino: 29 de xuño, festa de San Pedro; 22 de xullo, festa da Magdalena.

67. Pobra do Caramiñal, A: 24 de agosto, Luns do Carme dos Pincheiros; 21 de setembro, Luns do Nazareno.

68. Ponteceso: 14 de setembro, festa local de Ponteceso; 15 de setembro, festa local de Ponteceso.

69. Pontedeume: 8 de setembro, festa local de Pontedeume; 10 de setembro, festa local de Pontedeume.

70. Pontes de García Rodríguez, As: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 20 de xullo, festa do Carme.

71. Porto do Son: 24 de xuño, festa de San Xoán; 9 de setembro, festa de Nosa Señora de Loreto.

72. Rianxo: 16 de xullo, festa da Virxe do Carme; 18 de setembro, Venres de Guadalupe.

73. Ribeira: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 24 de xuño, festa de San Xoán.

74. Rois: 6 de abril, festa local de Rois; 15 de maio, festa local de Rois.

75. Sada: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 24 de xuño, festa de San Xoán.

76. San Sadurniño: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 3 de xullo, festa de Santa Sabela.

77. Santa Comba: 29 de xuño, festa de San Pedro; 30 de xuño, festa de San Antonio.

78. Santiago de Compostela: 14 de maio, festa da Ascensión; 24 de xuño, festa de San Xoán.

79. Santiso: 19 de marzo, festa de San Xosé; 14 de setembro, festa de Santa Cruz.

80. Sobrado dos Monxes: 25 de maio, Luns de Pías; 29 de xuño, festa de San Pedro.

81. As Somozas: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 24 de xullo, festa local das Somozas.

82. Teo: 14 de maio, festa da Ascensión; 11 de novembro, festa de San Martiño.

83. Toques: 15 de maio, festa de San Isidro Labrador; 2 de setembro, festa de San Antolín.

84. Tordoia: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 15 de maio, festa de San Isidro Labrador.

85. Touro: 6 de abril, Luns de Pascua; 24 de xuño, festa de San Xoán.

86. Trazo: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 21 de setembro, festa na honra de San Mateo.

87. Val do Dubra: 6 de abril, Feira de Abril; 7 de agosto, Feira do Emigrante.

88. Valdoviño: 24 de xuño, festa de San Xoán; 17 de agosto, Día de San Mamede.

89. Vedra: 21 de setembro, festa do Patio; 10 de decembro, Día de Santa Baia.

90. Vilarmaior: 16 de febreiro, Luns de Entroido; 17 de febreiro, Martes de Entroido.

91. Vilasantar: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 29 de xuño, festa de San Pedro.

92. Vimianzo: 22 de xaneiro, festa de San Vicenzo; 10 de agosto, festas do verán.

93. Zas: 10 de xullo, festa de San Cristovo; 16 de xullo, festa do Carme.

ANEXO II
Calendario laboral 2015

Provincia: Lugo.

1. Abadín: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 7 de setembro, Santa María, festas locais.

2. Alfoz: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 3 de agosto, San Cristovo.

3. Antas de Ulla: 24 de xuño, San Xoán; 8 de setembro, Virxe dos Remedios.

4. Baleira: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 12 de agosto, San Cristovo.

5. Baralla: 27 de agosto, San Vitorio; 28 de agosto, San Vitorio.

6. Barreiros: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 24 de agosto, San Bartolo.

7. Becerreá: 24 de xuño, San Xoán; 14 de setembro, Santo Ecce Homo.

8. Begonte: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 5 de outubro, San Froilán.

9. Bóveda: 1 de setembro, festividade de San Xil; 15 de setembro, Divino EcceHomo.

10. Burela: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 8 de xuño, luns das festas patronais.

11. Carballedo: 24 de xullo, festivo local; 14 de agosto, festivo local.

12. Castro de Rei: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 10 de agosto, festa na honra de San Roque e Doce Nome de María en Castro de Ribeiras de Lea.

13. Castroverde: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 27 de xullo, Santiago Apóstolo.

14. Cervantes: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 20 de maio, Virxe dos Remedios.

15. Cervo: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 16 de xullo, Virxe do Carme.

16. Chantada: 25 de agosto, festa da Empanada; 8 de setembro, festividade da Nosa Señora do Faro.

17. Corgo, O: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 5 de outubro, San Froilán.

18. Cospeito: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 8 de setembro, Nosa Señora Virxe do Monte.

19. Folgoso do Courel: 19 de agosto, Virxe do Carme; 7 de decembro, ponte da Constitución.

20. A Fonsagrada: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 11 de setembro, festas patronais.

21. Foz: 16 de xullo, festividade do Carme; 10 de agosto, festividade de San Lourenzo.

22. Friol: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 13 de xullo, Luns de Santa Isabel.

23. Guitiriz: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 24 de xuño, San Xoán.

24. Guntín: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 6 de xullo, Luns da festa de Guntín.

25. Incio, O: 11 de maio, Santa Cruz; 15 de maio, Santo Eufrasio.

26. Láncara: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 17 de agosto, San Roque.

27. Lourenzá: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 31 de agosto, Luns do Conde Santo.

28. Lugo: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 5 de outubro, San Froilán.

29. Meira: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 17 de agosto, festas locais.

30. Mondoñedo: 14 de setembro, Os Remedios; 19 de outubro, As San Lucas.

31. Monforte de Lemos: 7 de abril, Martes de Pascua; 13 de xuño, San Antón.

32. Monterroso: 10 de xullo, San Cristovo; 29 de setembro, San Miguel.

33. Muras: 17 de febreriro, Martes de Entroido; 29 de xuño, Luns de San Pedro.

34. Navia de Suarna: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 21 de setembro, festividade da Virxe das Dores.

35. Negueira de Muñiz: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 17 de agosto, festas patronais.

36. As Nogais: 17de febreiro, Martes de Entroido; 31 de xullo, festa do Emigrante.

37. Ourol: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 13 de maio, Nosa Señora de Fátima.

38. Outeiro de Rei: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 6 de xullo, Luns de Santa Isabel.

39. Palas de Rei, 28 de xaneiro, San Tirso; 14 de setembro, Ecce Homo.

40. Pantón: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 21 de agosto, festas patronais de Ferreira de Pantón.

41. Paradela: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 29 de setembro, San Miguel.

42. Páramo, O: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 20 de xuño, Feira da Primaveira.

43. Pastoriza, A: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 19 de outubro, San Lucas.

44. Pedrafita do Cebreiro: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 9 de setembro, Santa María A Real do Cebreiro.

45. Pobra de Brollón, A: 8 de xuño, luns seguinte ao Corpus Christi; 27 de agosto, San Vitoiro.

46. Pol: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 24 de agosto, festa do Emigrante.

47. Pontenova, A: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 5 de outubro, luns das feiras da Pontenova.

48. Portomarín: 29 de xuño, San Pedro; 7 de setembro, luns das festas do Santo Cristo das Victorias.

49. Quiroga: 6 de abril, Luns de Pascua; 11 de novembro, San Martiño.

50. Rábade: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 14 de agosto, Nosa Señora da Asunción.

51. Ribadeo: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 8 de setembro, Santa María do Campo.

52. Ribas de Sil: 17 de agosto, San Mamés; 30 de outubro, San Claudio.

53. Ribeira de Piquín: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 23 de abril, San Xurxo.

54. Riotorto: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 29 de xuño, San Pedro.

55. Samos: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 13 de xullo, Luns de San Benito.

56. Sarria: 24 de xuño, San Xoán Bautista; 8 de setembro, Virxe dos Remedios.

57. Saviñao, O: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 4 de agosto, festas locais de Escairón.

58. Sober: 8 de setembro, Romería da Virxe de Cadeiras; 21 de setembro, festa da Virxe do Carme de Sober.

59. Taboada: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 10 de agosto, festas patronais.

60. Trabada: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 17 de agosto, San Roque.

61. Triacastela: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 17 de agosto, San Mamede.

62. Valadouro, O: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 9 de setembro, Santa María.

63. Vicedo, O: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 3 de agosto, Santo Estevo.

64. Vilalba: 31 de agosto, San Ramón; 1 de setembro, Santa María.

65. Viveiro: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 24 de xuño, San Xoán.

66. Xermade: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 10 de agosto, Luns de Santa María.

67. Xove: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 31 de agosto, festa patronal.

ANEXO III
Calendario laboral 2015

Provincia: Ourense.

1. Allariz: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 5 de xuño, Venres do Boi.

2. Amoeiro: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 11 de novembro, San Martiño.

3. Arnoia, A: 31 de xullo, Festa do Pemento; 22 de maio, Santa Rita.

4. Avión: 3 de agosto, luns de San Roque; 11 de novembro, San Martiño.

5. Baltar: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 19 de marzo, festa local.

6. Bande: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 24 de agosto, San Roque.

7. Baños de Molgas: 6 de agosto, San Salvador; 8 de setembro, Os Milagres.

8. Barbadás: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 11 de novembro, San Martiño.

9. Barco de Valdeorras, O: 22 de maio, Santa Rita; 14 de setembro, O Cristo.

10. Beade: 3 de febreiro, San Brais; 19 de marzo, San Xosé.

11. Beariz: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 24 de xuño, San Xoán.

12. Blancos, Os: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 15 de setembro, festa local.

13. Boborás: 15 de xuño, festa de San Antonio; 21 de setembro, festa da Saleta.

14. Bola, A: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 4 de maio, luns, festa da Santa Cruz en Veiga.

15. Bolo, O : 17 de febrero, Martes de Entroido; 8 de setembro, festa local.

16. Calvos de Randín: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 10 de agosto (luns seguinte ao 2º domingo de agosto).

17. Carballeda de Avia: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 25 de maio, Luns de Lodairo.

18. Carballeda de Valdeorras: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 13 de abril, Nosa Señora da Encarnación.

19. Carballiño, O: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 17 de setembro, festas patronais.

20. Cartelle: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 25 de maio, Luns de Pentecostes.

21. Castrelo de Miño: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 5 de agosto, Virxe das Neves.

22. Castrelo do Val: 13 de febrero, festa local; 18 de febreiro, Mércores de Cinza.

23. Castro Caldelas: 20 de xaneiro, San Sebastián; 8 de setembro; Nosa Señora dos Remedios.

24. Celanova: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 15 de setembro, Virxe do Cristal.

25. Cenlle: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 11 de novembro; San Martiño.

26. Chandrexa de Queixa: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 6 de xullo, Romería de Chandrexa de Queixa.

27. Coles: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 11 de novembro, San Martiño.

28. Cortegada: 19 de marzo, San Xosé; 24 de xullo, festas patronais de Cortegada.

29. Cualedro: 18 de febreiro, Mércores de Cinza; 16 de xullo, Virxe do Carme.

30. Entrimo: 13 de febrero, festa local; 3 de agosto, festa local.

31. Esgos: 2 de febreiro, As Candelas; 17 de febreiro, Martes de Entroido.

32. Gomesende: 14 de maio, Nosa Señora da Guía; 29 de xuño, San Pedro.

33. Gudiña, A: 25 de febreiro, Beato Sebastián de Aparicio; 24 de agosto, San Bartolomeu.

34. Irixo, O: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 13 de maio, Virxe de Fátima.

35. Larouco: 7 e 8 de setembro, Santa María dos Remedios.

36. Laza: 18 de febreiro, Mércores de Cinza; 24 de xuño, San Xoán.

37. Leiro: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 29 de xuño, San Pedro.

38. Lobeira: 22 de xaneiro, San Vicente; 8 de setembro, Viso Pequeno.

39. Lobios: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 13 de agosto, festa local.

40. Maceda: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 11 de agosto, festas patronais de Maceda.

41. Manzaneda: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 10 de agosto, festas patronais.

42. Maside: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 27 de agosto, festa local.

43. Melón: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 4 de xuño, Xoves de Corpus Christi.

44. Merca, A: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 1 de xuño, Día do Espírito Santo.

45. Mezquita, A: 5 de agosto, Nosa Señora das Neves; 11 de novembro, San Martiño.

46. Montederramo: 19 de marzo, San Xosé; 14 de agosto, festa local.

47. Monterrei: 18 de febreiro, Mércores de Cinza; 25 de maio, Virxe da Caridade.

48. Muíños: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 11 de novembro, San Martiño.

49. Nogueira de Ramuín: 17 de febreiro, Martes de Carnaval; 11 de novembro, San Martiño.

50. Oímbra: 18 de febreiro, Mércores de Cinza; 27 de xullo, festa local.

51. Ourense: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 11 de novembro, San Martiño.

52. Paderne de Allariz: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 11 de novembro, San Martiño.

53. Padrenda: 24 de xuño, San Xoán; 14 de agosto, San Roque.

54. Parada de Sil: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 31 de agosto, San Ramón Nonato.

55. Pereiro de Aguiar, O: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 11 de novembro, San Martiño.

56. Peroxa, A: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 11 de novembro, San Martiño.

57. Petín: 16 de xaneiro, festa Local; 24 de xullo, festa Local.

58. Piñor: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 11 de novembro, San Martiño.

59. Pobra de Trives, A: 24 de agosto, festa local; 14 de setembro, festa local.

60. Pontedeva: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 24 de agosto, San Bartolomeu.

61. Porqueira: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 16 de xullo, A Virxe do Carme.

62. Punxín: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 13 de abril, luns, San Wintila.

63. Quintela de Leirado: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 8 de setembro, Virxe dos Remedios.

64. Rairiz de Veiga: 24 de xuño, San Xoán; 24 de setembro, Romaría da Saínza.

65. Ramirás: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 11 de novembro, San Martiño.

66. Ribadavia: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 8 de setembro.

67. Riós: 18 de febreiro, Mércores de Cinza; 15 de setembro, Virxe das Dores.

68. Rúa de Valdeorras, A: 15 de xuño, festa local; 10 de agosto, festa local.

69. Rubiá: 14 de maio, A Ascensión; 24 de agosto, San Bartolomeu.

70. San Amaro: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 15 de xullo, San Amaro.

71. San Cibrao das Viñas: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 11 de novembro, San Martiño.

72. San Cristovo de Cea: 10 de xullo, San Cristovo; 21 de setembro, festas da Saleta.

73. San Xoán de Río: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 24 de xuño, San Xoán.

74. Sandiás: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 6 de abril, Luns de Pascua.

75. Sarreaus: 16 de febreiro, Luns de Entroido; 14 de setembro, festas patronais.

76. Taboadela: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 11 de novembro, San Martiño.

77. Teixeira, A: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 25 de novembro, Santa Catalina.

78. Toén: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 11 de novembro, San Martiño.

79. Trasmiras: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 24 de xuño, San Xoán.

80. Veiga, A: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 8 de setembro, festa local.

81. Verea: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 11 de novembro, San Martiño.

82. Verín: 13 de febrero, festa local; 18 de febreiro, Mércores de Cinza.

83. Viana do Bolo: 18 de febreiro, Mércores de Cinza; 17 de agosto, festa local.

84. Vilamarín: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 11 de novembro, San Martiño.

85. Vilamartín de Valdeorras: 23 de abril, San Xurxo; 24 de xullo, Santa María Madalena.

86. Vilar de Barrio: 17 de febrero, festa local; 8 de setembro, festa local.

87. Vilar de Santos: 6 de abril, Luns de Pascua; 5 de agosto, Virxe das Neves.

88. Vilardevós: 18 de febreiro, Mércores de Cinza; 17 de agosto, festa local.

89. Vilariño de Conso: 16 de febreiro, Luns de Entroido; 11 de novembro, San Martiño.

90. Xinzo de Limia: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 18 de xullo, festa local.

91. Xunqueira de Ambía: 29 de abril, San Pedro; 17 de agosto, San Roque.

92. Xunqueira de Espadanedo: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 6 de xullo, luns, Santa Isabel.

ANEXO IV
Calendario laboral 2015

Provincia: Pontevedra.

1. Agolada: 29 de xuño, festa local; 30 de xuño, festa local.

2. Arbo: 3 de febreiro, San Brais; 29 de xuño, San Pedro.

3. Baiona: 20 de xullo, Santa Liberata; 10 de agosto, San Lourenzo.

4. Barro: 19 de xuño, Festa do Viño; 2 de outubro, Romaría de San Breixo.

5. Bueu: 16 de xullo, Virxe do Carme; 11 de novembro, San Martiño.

6. Caldas de Reis: 22 de maio, Santa Rita; 24 de xuño, San Xoán.

7. Cambados: 11 de xullo, San Bieito; 18 de xullo, Santa Mariña.

8. Campo Lameiro: 18 de febreiro, Mércores de Cinza; 29 de setembro, San Miguel.

9. Cangas: 27 de marzo,Venres das Dores; 31 de agosto, Luns do Cristo.

10. Cañiza, A: 25 de maio, festa das Pascuíllas; 15 de outubro, festa de Santa Tareixa.

11. Catoira: 13 de xullo, Santo Antón de Padua e Neno Xesús; 24 de xullo, San Mamede da parroquia de Abalo.

12. Cerdedo: 24 de xuño, San Xoán Bautista; 27 de xullo, festividade do EcceHomo.

13. Cotobade: 18 de febreiro, Mércores de Cinza; 17 de agosto, San Roque.

14. Covelo: 25 de maio, festa das Pascuíllas; 8 de setembro, Romaría da Franqueira.

15. Crecente: 13 de maio,Virxe de Fátima; 29 de xuño, San Pedro.

16. Cuntis: 24 de xuño, San Xoán; 18 de agosto, San Antón.

17. Dozón: 20 de xullo, festa do Carme; 6 de agosto, festa de San Salvador.

18. Estrada, A: 24 de xuño, San Xoán; 26 de xuño, San Paio.

19. Forcarei: 31 de agosto, luns das Dores; 11 de novembro, San Martiño.

20. Fornelos de Montes: 6 de abril, Luns de Pascua; 10 de agosto, festas de San Lourenzo.

21. Gondomar: 10 de xullo, San Bieito; 17 de agosto, San Roque.

22. Grove, O: 16 de xullo, festividade do Carme; 11 de novembro, San Martiño.

23. Guarda, A: 16 de xullo,Virxe do Carme; 23 de setembro, Santa Tegra.

24. Illa de Arousa, A: 7 de xaneiro, San Xulián; 17 de febreiro, Martes de Entroido.

25. Lalín: 21 de setembro; 22 de setembro, festas patronais.

26. Lama, A: 27 de xullo, San Xaquín e Santa Ana; 5 de agosto, Nosa Señora das Ermidas.

27. Marín: 16 de xullo, Nosa Sra. do Carme; 8 de setembro, Nosa Señora do Porto.

28. Meaño: 3 de febreiro, San Brais; 6 de abril, Luns de Pascua.

29. Meis: 6 de abril, Luns de Pascua (Nosa Señora das Cabezas); 18 de febreiro, Mércores de Cinza.

30. Moaña: 16 de xullo, Nosa Sra. do Carme; 11 de novembro, San Martiño.

31. Mondariz: 25 de maio, festa local; 17 de agosto, festa local.

32. Mondariz Balneario: 11 de febreiro, Nosa Señora de Lourdes; 25 de maio, Romaría Nosa Sra. da Franqueira.

33. Moraña: 6 de agosto, San Salvador de Saiáns; 11 de novembro, San Martiño.

34. Mos: 15 de xuño, Festa da Rosa; 7 de agosto, San Mamede.

35. Neves, As: 29 de xullo, Santa Marta; 5 de agosto, Nosa Señora das Neves.

36. Nigrán: 24 de xuño, San Xoán; 29 de xuño, San Pedro.

37. Oia: 25 de maio, Virxe do Mar; 7 de agosto, San Mamede.

38. Pazos de Borbén: 15 de xaneiro, San Amaro; 6 de abril, Luns de Pascua.

39. Poio: 24 de xuño, San Xoán; 24 de setembro, Nosa Sra. da Mercé.

40. Ponteareas: 8 de xuño, luns seguinte ao Corpus Cristi; 29 de setembro, San Miguel Arcanxo.

41. Ponte Caldelas: 18 de febreiro, Mércores de Cinza; 2 de setembro, festa das Dores.

42. Pontecesures: 7 de xaneiro, San Xulián; 6 de xullo, festa do Carme.

43. Pontevedra: 18 de febreiro, Mércores de Cinza; 11 de xullo, San Bieito.

44. Porriño, O: 13 de xullo, San Bieito; 28 de setembro, Santísimo Cristo da Agonía.

45. Portas: 6 de abril, Luns de Pascua; 24 de xuño, San Xoán.

46. Redondela: 13 de abril, Luns do Cristo; 4 de xuño, Xoves da Coca.

47. Ribadumia: 6 de abril, Luns de Pascua; 5 de xuño; Festa do Viño Tinto.

48. Rodeiro: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 8 de setembro, Nosa Señora do Faro.

49. Rosal, O: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 15 de maio, San Isidro.

50. Salceda de Caselas: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 20 de xullo, Luns do Cristo.

51. Salvaterra do Miño: 15 de xuño, Santísimo Cristo da Victoria; 10 de agosto, San Lourenzo.

52. Sanxenxo: 6 de abril, Luns de Pascua Romaría O Con; 4 de setembro, Santa Rosalía.

53. Silleda: 13 de xullo, festa local; 24 de agosto, Festa da Empanada.

54. Soutomaior: 6 de abril, Luns de Pascua; 6 de agosto, San Salvador.

55. Tomiño: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 14 de setembro, Luns do Alivio.

56. Tui: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 13 de abril, luns de San Telmo.

57. Valga: 24 de xullo, festa local; 7 de decembro, festa local.

58. Vigo: 28 de marzo, Reconquista de Vigo; 17 de agosto, San Roque.

59. Vilaboa: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 11 de novembro, San Martiño.

60. Vila de Cruces: 10 de agosto, festas patronais; 11 de agosto.

61. Vilagarcía de Arousa: 22 de maio, Santa Rita; 24 de xuño, San Xoán.

62. Vilanova de Arousa: 15 de xaneiro, San Mauro; 16 de setembro, San Cibrán

SALUDOS

PRIMERA FUERZA SINDICAL EN JUSTICIA A NIVEL NACIONAL


CSI  Defendiendo lo público

Central Sindical Independiente y de Funcionarios    Sector  Justicia   

c/ Fernando el Santo, nº 17, 2ª 28010 MADRID 

Teléfono: 91 567 44 69 y 91 567 59 91  

web: http://www.csi-f.es/sector/administracion-justicia/ambito/nacional 

correo electrónico: justicia@csi-f.es