Páginas

Google Website Translator Gadget

martes, 26 de noviembre de 2013

DECRETO 169/2013, do 14 de novembro, complementos de incapacidade temporal do persoal funcionario dos corpos ao servizo da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia.

CSIF      JUSTICIA      INFORMA

DECRETO 169/2013, do 14 de novembro, polo que se regulan os complementos  das prestacións económicas na situación de incapacidade temporal e noutras situacións protexidas do persoal funcionario dos corpos ao servizo da 
Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 1. Obxecto
Este decreto ten por obxecto regular os complementos das prestacións económicas na situación de incapacidade temporal, nas situacións de risco durante o embarazo e risco  durante a lactación natural e durante o gozo dos permisos por parto, adopción, acollemento  e paternidade, ata acadar o 100 % das retribucións do persoal funcionario dos corpos ao servizo da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 2. Ámbito de aplicación
Este decreto será de aplicación ao persoal funcionario integrado no mutualismo xudicial a través da Mutualidade Xeral Xudicial e mais ao persoal funcionario encadrado no réxime xeral da Seguridade Social, dos corpos de médicos forenses, de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial ao servizo da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 3. 
Complemento económico ata o 100 % das retribucións durante as situacións de incapacidade temporal derivadas de continxencias comúns e nas situacións de risco durante o embarazo e risco durante a lactación natural.

1. Considéranse supostos excepcionais e debidamente xustificados que dan dereito ao aboamento do complemento ata o 100 % das retribucións ao persoal funcionario da Administración de xustiza dependente da Comunidade Autónoma de Galicia os seguintes:

a) Situacións de incapacidade temporal derivadas de continxencias comúns motivadas por supostos de hospitalización e intervención cirúrxica, con independencia de que sobreveñan con posterioridade ao inicio da incapacidade e sempre que correspondan ao mesmo proceso patolóxico.

b) Situacións de incapacidade temporal derivadas de procesos que impliquen tratamentos  oncolóxicos.

c) Situacións de incapacidade temporal que teñan inicio durante os procesos de xestación ou de lactación, aínda que non dean lugar a unha situación de risco durante o embarazo ou de risco durante a lactación.

d) Situacións de incapacidade temporal derivadas de enfermidades que foron causa da concesión de discapacidade con grao igual ou superior ao 33 %.

e) Situacións de incapacidade temporal derivadas de enfermidades graves, entendéndose por tales os procesos patolóxicos susceptibles de ser padecidos por persoas adultas que estean recollidos no Real decreto 1148/2011, do 29 de xullo, para a aplicación e desenvolvemento, no sistema da Seguridade Social, da prestación económica por coidado de menores afectados/as por cancro ou outra enfermidade grave.

f) Situacións de incapacidade temporal motivadas pola situación física ou psicolóxica derivada da violencia de xénero.

g) Situacións de risco durante o embarazo e risco durante a lactación natural.

2. Para os efectos do aboamento do complemento do 100 % das retribucións enténdese incluída a hospitalización en réxime de internamento, a hospitalización a domicilio e mais a estancia nos hospitais de día, incluíndo os períodos de observación nos servizos de urxencias hospitalarias.

Para os mesmos efectos consideraranse intervencións cirúrxicas, sempre que estean incluídas na carteira de servizos do sistema sanitario público, as intervencións cirúrxicas con internamento, as intervencións de cirurxía maior ambulatoria e de cirurxía menor ambulatoria e mais as intervencións médicas invasivas, como colonoscopias, gastroscopias ou outras de características similares.

3. Os supostos de carácter excepcional regulados no punto 1 deste artigo deberán ser
xustificados mediante a presentación do correspondente parte de baixa médica e da documentación que proceda segundo o caso:

a) Hospitalización e intervención cirúrxica: xustificante de hospitalización emitido polo centro hospitalario ou certificado médico que acredite a práctica dunha intervención cirúrxica ou dunha intervención médica invasiva incluída na carteira de servizos do sistema sanitario público.

b) Situación física ou psicolóxica derivada da violencia de xénero: a acreditación da condición de vítima de violencia de xénero efectuarase consonte o previsto no artigo 5 da Lei galega 11/2007, do 27 de xullo, para a prevención e tratamento integral da violencia de xénero.

c) Resto de supostos: certificado ou informe médico que xustifique a circunstancia que corresponda.

4. A falta de presentación dos xustificantes que correspondan implicará que a incapacida de temporal se tramitará consonte o disposto no artigo 4.

Artigo 4. 
Complementos económicos durante o resto das situacións de incapacidade temporal por continxencias comúns 

1. En virtude do disposto no parágrafo sétimo do artigo 504.5 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, nas situacións de incapacidade temporal derivadas de continxencias comúns nos supostos non recollidos no artigo 3, o complemento económico calcularase seguindo as seguintes regras:

a) Desde o primeiro día da situación de incapacidade temporal ata o terceiro día inclusive, aboaráselle ao/á funcionario/a un complemento económico ata acadar o 50 % dasretribucións tanto básicas coma complementarias coma, se fose o caso, da prestación por fillo/a ao cargo, tomando como referencia aquelas retribucións que percibía no mes inmediato anterior ao de se causar a situación de incapacidade temporal.

b) Desde o cuarto día da situación de incapacidade temporal ata o vixésimo día, ambos inclusive, aboaráselle ao/á funcionario/a un complemento económico ata acadar o 75 % das retribucións tanto básicas coma complementarias coma, se fose o caso, da prestación por fillo/a ao cargo.

c) A partir do día vixésimo primeiro e ata o día cento oitenta, ambos inclusive, aboaráselle ao/á funcionario/a o 100 % das retribucións básicas e complementarias coma, se fose o caso, da prestación por fillo/a ao cargo.

d) A partir do día cento oitenta e un será de aplicación para o persoal funcionario integrado no mutualismo xudicial, a través da Mutualidade Xeral Xudicial, o subsidio establecido no punto 1.B) do artigo 20 do Real decreto lexislativo 3/2000, do 23 de xuño, polo que seaproba o texto refundido das disposicións legais vixentes sobre o réxime especial de Segurida de Social do persoal ao servizo da Administración de xustiza.

2. En ningún caso os/as funcionarios/as adscritos/as aos réximes especiais de Seguridade Social xestionados polo mutualismo administrativo poderán percibir unha cantidade inferior en situación de incapacidade temporal por continxencias comúns á que lles corresponda aos/ás funcionarios/as adscritos/as ao réxime xeral da Seguridade Social, incluídos, se fose o caso, os complementos que lles resulten de aplicación a estes/as últimos/as.

De acordo co previsto no parágrafo anterior, a partir do día cento oitenta e un desde a declaración da situación de incapacidade temporal, ao persoal funcionario de carreira suxeito ao réxime especial do mutualismo administrativo a través da Mutualidade Xeral Xudicial complementaráselle o subsidio previsto no punto 1.B) do artigo 20 do Real decretolexislativo 3/2000, do 23 de xuño, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes sobre o réxime especial de Seguridade Social do persoal ao servizo da Administración de xustiza, ata chegar ao 100 % das súas retribucións básicas e complementarias.

3. As referencias a días incluídas no presente artigo entenderanse realizadas a días naturais

Artigo 5. 
Complemento retributivo ata o 100 % durante as situacións de incapacidade temporal por continxencias profesionais

1. Durante as situacións de incapacidade temporal derivadas de continxencias profesionais aboaráselle ao persoal funcionario da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia un complemento económico ata acadar o 100 % das retribucións que viñesen correspondendo ao dito persoal no mes anterior ao de se orixinar a incapacidade.

2. O devandito complemento aboarase desde a data de inicio da situación de incapacidade temporal ata a súa data de finalización.

Artigo 6. 
Complementos económicos ata o 100 % das retribucións durante o gozo dos permisos por parto, adopción, acollemento e paternidade.

Durante o desfrute dos permisos por parto, adopción, acollemento e paternidade aboaránselle ao persoal funcionario os complementos necesarios ata acadar o 100 % das retribucións, durante todo o período de tempo que comprenda o permiso.

Disposición transitoria única. Réxime transitorio
O disposto no presente decreto será de aplicación ás situacións de incapacidade temporal e demais situacións protexidas previstas nel iniciadas a partir do 29 de xuño de 2013.

Disposición derrogatoria única. Derrogación normativa
Quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ao disposto no presente decreto.

Disposición derradeira primeiraDesenvolvemento normativo
Autorízase a persoa titular da consellería competente en materia de xustiza para adoptar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento do presente decreto.

Disposición derradeira segunda
Entrada en vigor Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, catorce de novembro de dous mil trece
Alberto Núñez Feijóo
Presidente.


SALUDOS
PRIMERA FUERZA SINDICAL EN JUSTICIA A NIVEL NACIONAL

CSI  Defendiendo lo público
Central Sindical Independiente y de Funcionarios    Sector  Justicia   
c/ Fernando el Santo, nº 17, 2ª 28010 MADRID Teléfono: 91 567 44 69 y 91 567 59 91  web: www.csi-f.es/justicia correo electrónico: justicia@csi-f.es



No hay comentarios:

Publicar un comentario