Páginas

Google Website Translator Gadget

jueves, 10 de octubre de 2013

CONCENTRACIÓN E RECOLLIDA DE FIRMAS 10 DE OUTUBRO ÁS 11:30 EN SAN CAETANO


CSIF      JUSTICIA      INFORMA
AS EMPREGADAS E OS EMPREGADOS PÚBLICOS QUE DEPENDEMOS DA XUNTA DE GALICIA, 

Manifestamos que estamos en contra de todas ás políticas continuistas que dende o ano 2009 manteñen tanto o Goberno Central, como o Goberno da Xunta de Galicia no sector dos Servizos Públicos, que o único que provocan é a desaparición dos mesmos, agravando aínda máis a profunda crise económica na que nos atopamos inmersos, precarizando as condicións laborais dos seus traballadores/as e provocando máis paro no sector público e aumentando a carga de traballo coa non reposición de profesionais co único fín de eliminar o sector público facendo desaparecer servizos públicos. 

DECIMOS NON: á taxa cero de reposición, á conxelación salarial e ao recorte das nosas pagas extras. Non a privatización dos servizos públicos. Non ao aumento da xornada laboral. Non aos descontos por baixas  médicas. Non a destrucción de emprego público e a desaparición de Servizos Públicos

É por iso , que as empregadas e empregados públicos, SOLICITAMOS e DECIMOS SI: 
 Si ao fomento de emprego público estable e de calidade.
 Si á recuperación do poder adquisitivo perdido
 Si á recuperación integra das pagas extras
 Si á recuperación de todos os dereitos laborais
 SI Á DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS
É responsabilidade da Administración a salvagarda dos Servizos Públicos e dos seus traballadores e traballadoras. Esa responsabilidade tamén a ten o grupo parlamentar do PP no Parlamento Galego e Parlamento Español, como responsable último da aprobación de todas estas medidas. 
 Polo tanto, nese sentido, facemos esta recollida de sinaturas para facerlle chegar as persoas responsabeis administrativas e políticas, o malestar das empregadas e dos empregados públicos que dependen da Xunta de Galicia , e as súas xustas reivindicacións.

SALUDOS
PRIMERA FUERZA SINDICAL EN JUSTICIA A NIVEL NACIONAL

CSI  Defendiendo lo público
Central Sindical Independiente y de Funcionarios    Sector  Justicia   
c/ Fernando el Santo, nº 17, 2ª 28010 MADRID Teléfono: 91 567 44 69 y 91 567 59 91  web: www.csi-f.es/justicia correo electrónico: justicia@csi-f.es


No hay comentarios:

Publicar un comentario