CSI●F JUSTICIA INFORMA
ÉXITO DE PARTICIPACIÓN
Onte comezaron en Cangas e Marín as primeiras asembleas que se van a levar a cabo por todos os partidos Xudiciais de Galicia e que finalizará o próximo día 18 de Outubro.
A asistencia as mesmas foi un verdadeiro éxito, demostrando os traballadores que xa están fartos das mentiras do Goberno da Champions League da Mentira de Nuñez Feijoo, e do Partido dos Traballadores de Rajoy.
Tanto en Cangas coma en Marín baixou a asemblea o 100% do Cadro de Persoal, salvo o persoal mínimo que ten que quedar no Xulgado.
Nas asembleas tratáronse os seguintes temas.
- Descrición Situación Actual
- Repercusión das Reformas Lexislativas no emprego e nos dereitos laborais dos traballadores,que propón o Sr. Gallardón
- Os Recortes do Goberno do Sr. Rajoy, que afectan a todos os funcionarios de Xustiza do Estado e os Recortes propios do Goberno de Galicia (supresión dun 4% da Masa Salarial no ano 2013, e a mesma merma, que fixo público a través dos medios de comunicación, para o ano que ven, a amortización de 106 prazas, etc).
- E todavia queda por entrar en vigor o desconto por as baixas médicas que como sabedes discriminan de maneira vergoñenta ós Xestores, Tramitadores, Auxilios e Forenses con respecto a Maxistrados e Fiscais.
- Explicación das mobilizacións que se están a levar noutras comunidades autónomas.
- Explicación da enquisa que se recollerá entre os traballadores despois do 18 de Outubro coas mobilizacións que queremos realizar en Galicia, e que intentaremos facer coincidir co resto do Estado se é posible, xa que mentres na gran maioría do Estado os funcionarios son conxelados, aquí en Galicia nos reducirán entre 850€ e 2500€(Aux-Tram-X e Forenses) o noso soldo.
SALUDOS
PRIMERA FUERZA SINDICAL EN JUSTICIA A NIVEL NACIONAL
CSI—F Defendiendo lo público
c/ Fernando el Santo, nº 17, 2ª 28010 MADRID Teléfono: 91 567 44 69 y 91 567 59 91 web: www.csi-f.es/justicia correo electrónico: justicia@csi-f.es
No hay comentarios:
Publicar un comentario