CSI●F JUSTICIA INFORMA
O DIRECTOR XERAL, JUAN JOSÉ MARTÍN ÁLVAREZ, CUNHA ACTITUDE FASCISTA, REVENTA AS NEGOCIACIÓNS E IMPLANTA O TOTALITARISMO NAS CONDICIÓNS LABORAIS DOS TRABALLADORES DA XUSTIZA EN GALICIA.
Tras varios meses de negociación nos que conseguimos minimizar algúns dos recortes con respecto ao RD 20/2012 ( sete días de vacacións de disfrute independente, a posibilidade de unir eses días aos moscosos, concesión do permiso de ingreso hospitalario de xeito independiente no prazo dun mes, mantemento do horario de verán e semana grande, días de asuntos particulares por cada festivo nacional que coincida en sábado, …), o Director Xeral, nunha actitude fascista sen precedentes, non sabemos se dirixido, como un monicreque, polo Conselleiro, trocou a súa actitude na mesa amosando desprezo ás Organizacións Sindicais con representación na mesma (CCOO, USO, UGT, CSIF y CIG)e por ende aos traballadores; o detonante da súa mala fe negociadora foi a negativa da concesión de días de libranza a custe cero a cambio do exceso de horas traballadas.
Ademais, non admitiu as reivindicacións básicas co obxecto de minimizar a discriminación que estamos a sufrir respecto ao persoal doutras comunidades, e incluso con respecto a outros corpos da mesma Administración; entre outras:
1.- Supresión de parte do Complemento Autonómico Transitorio
2.- Secuestro de prazas na convocatoria do concurso de traslados
3.- Non negociación da retribución das substitucións verticais (a igual traballo igual remuneración)
4.- Validación pola Dirección Xeral dos expedientes disciplinarios
5.- Supresión da acción social
6.- Redución da formación pola transferencia de fondos á EGAP
7.- Non cobertura ou ralentización na cobertura das baixas
8.- Negativa á creación de prazas cubertas na actualidade por reforzos de carácter estructural.
9.- Reordenación de efectivos (Rexistros Civís, Servizos Comúns e Partidos Xudiciais).
E … COMO COLOFÓN:AMEAZOU COA APLICACIÓN DA LOPX, SEN NEGOCIACIÓN, ACERCA DA REDUCIÓN RETRIBUTIVA NOS SUPOSTOS DE INCAPACIDADE TEMPORAL (Só se cobraría o 100% nuns determinados casos).
Ante as agresións do Goberno Central e da Xunta, as OO.SS. con representación na mesa de Galicia decidimos ampliar a concentración prevista para o día 22 contra a privatización do Rexistro Civil pararexeitar todos os recortes anunciados neste servizo público.
SALUDOS
PRIMERA FUERZA SINDICAL EN JUSTICIA A NIVEL NACIONAL
CSI—F Defendiendo lo público
c/ Fernando el Santo, nº 17, 2ª 28010 MADRID Teléfono: 91 567 44 69 y 91 567 59 91 web: www.csi-f.es/justicia correo electrónico: justicia@csi-f.es

No hay comentarios:
Publicar un comentario