Páginas

Google Website Translator Gadget

viernes, 15 de marzo de 2013

SOLICITUDE PLANTAFORMA APLICACIÓN DE 5 DÍAS DE VACACIONS INDIVIDUAIS

CSIF      JUSTICIA      INFORMA


SOLICITUDE DE APLICACIÓN INMEDIATA DA RESOLUCIÓN DO 28 DE DECEMBRO DE 2012, (BOE 29/12/2012) DA SECRETARÍA DE ESTADO DE ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS, POLA QUE SE DITAN INSTRUCIÓNS SOBRE XORNADA E HORARIOS DE TRABALLO DO PERSOAL AO SERVIZO DA ADMINISTRACIÓN XERAL DO ESTADO E OS SEUS ORGANISMOS PÚBLICOS.

 

As centrais sindicais que subscriben este escrito, únicas con capacidade de negociación ante a Mesa Sectorial de Xustiza de Galicia, por medio do presente interesan que polo Director Xeral de Xustiza se diten as instrucións oportunas para que os servizos de Xustiza das catro delegacións territoriais, cumpran coa legalidade vixente e apliquen de xeito inmediato as disposicións contidas na resolución arriba referenciada no que afecta á posibilidade de gozar de forma independente de ata 5 días hábiles das vacacións por ano natural.

Queremos significar que o feito de que nestes momentos se estea a negociar o calendario laboral para o ano 2013, así como a nova orde de vacacións, permisos e licenzas, non pode servir de escusa á Administración para negar pola vía de feito o que o dereito recoñece. A negociación permitirá introducir melloras á lexislación básica estatal que opera como mínimos, e neste sentido a Resolución do 28 de decembro de 2012 (BOE 29/12/2012) da Secretaría de Estado de Administracións Públicas, pola que se ditan instrucións sobre xornada e horarios de traballo do persoal ao servizo da Administración Xeral do Estado e o seu organismos públicos, dispón no punto 9.3, parágrafo 2º, que:

"sen prexuízo do anterior, e sempre que as necesidades do servizo o permitan, dos días de vacacións previstos no punto 9.1 desta instrución, poderanse solicitar o desfrute independente de ata 5 días hábiles por ano natural".

Con independencia de que as cinco Centrais Sindicais con representación na Mesa de Negociación (CC.OO, SPJ-USO, UGT, CSI-F e CIG) seguimos mantendo que como mínimo deben ser 15 días os que se poidan coller de xeito independente, pois por desgraza a redución de días de asuntos particulares obrigará moitos traballadores a utilizar os días de vacacións para conciliar a vida laboral e familiar e cubrir os períodos de enfermidade para non ver minguadas as súas retribucións (un 50% os tres primeiro días), en tanto non conclúan as negociacións, deberase aplicar a normativa estatal en consonancia co art.º 503 da LOPJ, tras a reforma operada pola L. Orgánica 8/2012, do 27 de decembro (BOE 28/12/2012), de medidas de eficiencia presupostaria na Administración de Xustiza, pola que se modifica a Lei Orgánica 6/1985, da 1 de xullo, do Poder Xudicial, segundo o que:

"1.- Por causas xustificadas, os funcionarios terán dereito a iguais permisos e coa mesma extensión que os establecidos na normativa vixente aplicable aos funcionarios da Administración Xeral do Estado"

Este mesmo problema suscitouse no ámbito non transferido, solucionándose cunha instrución remitida polo Ministerio de Xustiza ás Xerencias Territoriais, na

 

que se comunica a estas que ata tanto se publique o calendario laboral, as vacacións gozaranse como se establece na Resolución de 28 de decembro de 2012 da Secretaría de Estado das Administracións Públicas.

En consecuencia, SOLICITAMOS da DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA, que imparta as instrucións oportunas aos Servizos de Xustiza das diferentes Delegacións Territoriais, relativas ao desfrute de vacacións e asuntos propios do ano 2013 na que se indique a estas que ata tanto se publique o calendario laboral, e a nova orde de vacacións, permisos e licenzas, as vacacións gozaranse como se establece na Resolución de 28 de decembro de 2012 da Secretaría de Estado de AA.PP, "22 días en períodos mínimos de 5 días hábiles consecutivos.... e se as necesidades do servizo o permiten, poderase solicitar o desfrute independente de ata 5 días hábiles por ano natural". Estes días poden acumularse aos de asuntos propios".

Reiteramos que esta comunicación debe ser inmediata á vista das datas en que nos encontramos e da proximidade da Semana Santa, na que negar o desfrute das vacacións da forma exposta, ocasionaranos graves prexuízos derivados da imposibilidade de conciliar a vida laboral e familiar froito dunha actuación arbitraria e indiscriminada carente de apoio normativo algún.


Santiago , 12 de marzo de 2013.

 

 

                            Asinado.

           Pola Plataforma Sindical de Xustiza de Galicia.

                                    

 

 ESCRITO SOLICITUD DE APLICACIÓN DAS VACACIOS


SALUDOS

PRIMERA FUERZA SINDICAL EN JUSTICIA A NIVEL NACIONAL


CSI  Defendiendo lo público

Central Sindical Independiente y de Funcionarios    Sector  Justicia   

c/ Fernando el Santo, nº 17, 2ª 28010 MADRID Teléfono: 91 567 44 69 y 91 567 59 91  web: www.csi-f.es/justicia correo electrónico: justicia@csi-f.es

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario