Páginas

Google Website Translator Gadget

viernes, 15 de marzo de 2013

Orde confección de nominas 2013 ó "Creo que ya no podemos pedir más esfuerzos a los funcionarios" 21 de julio 2012.Alberto Núñez Feijóo Presidente de la Xunta de Galicia"

CSIF      JUSTICIA      INFORMA


En el DOG del día de hoy se pública la orden de confección de nominas para el personal al servicio de la Administración Autonomica, y copiando su propio preambulo tenemos:

"Por tanto, o axuste afectará a todo o persoal ao servizo do sector público autonómico. Cómpre salientar a diferenza do axuste que recolle a Lei de orzamentos para 2013 co realizado en 2012, tanto cuantitativo como cualitativo. Aínda que no axuste establecido na Lei 20/2012 se suprime durante o ano 2012 a paga extraordinaria do mes de decembro e a paga adicional do complemento específico ou pagas adicionais equivalentes do mes de decembro, a Lei de orzamentos da Comunidade Autónoma para 2013 establece a non percepción en 2013 dunha contía coincidente coas pagas adicionais do complemento específico de xuño e decembro para o persoal funcionario, e dunha porcentaxe análoga sobre as retribucións íntegras anuais para o resto do persoal do sector público autonómico.

Tres son, por tanto, as características do axuste retributivo recollido na Lei de orzamentos da Comunidade Autónoma para 2013 que se está a concretar nesta orde:

– O seu carácter universal, ao afectar todo o persoal do sector público autonómico.

– A determinación da contía de acordo cunha porcentaxe do complemento específico anual fixado en 1 de xaneiro de 2012 para o persoal funcionario da Comunidade Autónoma, e dunha porcentaxe equivalente para o restante persoal ao servizo do sector público autonómico.

– O seu caracter progresivo, derivado das contías resultantes do cálculo anterior.

En efecto, o teor literal da Lei de orzamentos para 2013 estipula que o importe do axuste se establece como unha porcentaxe que se aplica sobre o complemento específico para o persoal funcionario. A súa contía é a equivalente á derivada da aplicación do indicado na letra d) do número un do artigo 20 da Lei 2/2013, do 27 de febreiro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2013.

O dito precepto establece o seguinte para este persoal:

– O importe do complemento específico anual para o ano 2013 fixado para cada posto de persoal funcionario experimentará, respecto da súa contía en 1 de xaneiro de 2012, unha redución equivalente á suma das pagas adicionais correspondentes aos meses de xuño e decembro 
(conforme a seguinte regra Ce2013 = Ce2012 - 0,143 x Ce2012, sendo Ce o importe do complemento específico anual sen ter en conta os axustes do RDL 20/2012).

– A devandita contía recibirase en doce pagas."
Consellería de Facenda

SALUDOS
PRIMERA FUERZA SINDICAL EN JUSTICIA A NIVEL NACIONAL

CSI  Defendiendo lo público
Central Sindical Independiente y de Funcionarios    Sector  Justicia   
c/ Fernando el Santo, nº 17, 2ª 28010 MADRID Teléfono: 91 567 44 69 y 91 567 59 91  web: www.csi-f.es/justicia correo electrónico: justicia@csi-f.es


No hay comentarios:

Publicar un comentario