Páginas

Google Website Translator Gadget

martes, 5 de marzo de 2013

Nota informativa conxunta minoracion CAT

  CSIF               JUSTICIA INFORMA





MESA SECTORIAL 4/3/2013

         Hoxe tivo lugar en Compostela a Mesa Sectorial de Xustiza co único motivo de fixar a execución do acordado na Lei de Orzamentos de Galiza para este ano 2013, aprobada a semana pasada, en relación coa minoración do 4% das nosas retribucións a través do Complemento Autonómico Transitorio (CAT).

         Nesta xuntanza decidiuse o   seguinte:
1) Procurar, se a asesoría xurídica da Xunta o permite, non modificar a Orde que regula o CAT, entendendo que a lei de orzamentos é suficiente para esta modificación puntual e excepcional, ao ser de rango superior.
2) Reter o CAT totalmente nos meses de Xuño (427 €) e Decembro (427 €) coincidindo co pagamento das extras. Nos corpos nos que non cheguen ditas cantidades para cubrir a contía total, a diferenza será prorrateada en oito meses a partir da nómina de marzo.
3) Por parte das centrais sindicais acordouse dar traslado as respectivas asesorías xurídicas para tentar de promover o correspondente recurso contra esta retención salarial por entender que rompe co principio de proporcionalidade en relación co resto de traballadores da comunidade autónoma, xa que porcentualmente a retención acordada polo executivo supera o 20% das contías salariais da súa competencia, mentras que ao resto de traballadores da Xunta se lles aplica un 4%.


No hay comentarios:

Publicar un comentario