Páginas

Google Website Translator Gadget

domingo, 3 de marzo de 2013

A Xunta pon en marcha o "Dicionario xurídico galego" en liña para o persoal das Administracións públicas

CSIF      JUSTICIA      INFORMA

Imágenes integradas 1

A Xunta pon en marcha o "Dicionario xurídico galego" en liña para o persoal das Administracións públicas

Os 90.000 empregados públicos da Administración autonómica e os traballadores dos concellos galegos teñen desde hoxe acceso ao Dicionario xurídico galego en liña. Esta ferramenta, froito da colaboración entre a Amtega (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia), a Consellería de Cultura e Educación e mais Edicións Xerais, contribuirá á normalización da lingua propia de Galicia no ámbito xurídico-administrativo.

Logo da súa publicación en papel a finais de 2011, cúmprese agora co compromiso de ofrecer unha versión en liña do dicionario, que recolle unha primeira e fundamental escolma de á beira de 2000 entradas nas que se presentan en galego normativo conceptos esenciais do Dereito, información crítica sobre a lexislación vixente en España e, de xeito especial, termos e institucións propias do Dereito Civil de Galicia.

Así o explicaban o pasado venres o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez; a directora da Amtega, Mar Pereira; e mais o director de Edicións Xerais de Galicia, Manuel Bragado. No acto tamén estiveron presentes o director xeral de Xustiza, Juan José Martín, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.

Un idioma útil nos múltiples e complexos ámbitos da vida moderna

Segundo o conselleiro de Cultura e Educación, Xesús Vázquez Abad, a nova achega constitúe unha "manifestación clara da firme vontade do Goberno galego de apoiar que a lingua galega e a sociedade que a falan siga gañando protagonismo no ámbito das tecnoloxías", e tamén un reforzo á propia lingua como "idioma útil nos múltiples e complexos ámbitos da vida moderna".

Salientou, así mesmo, que o Dicionario xurídico galego en liña materializa as directrices do Plan Xeral de Normalización Lingüística, nomeadamente aquelas dirixidas a "potenciar as tecnoloxías en lingua galega e pór ao alcance dos sectores profesionais os medios formativos, didácticos, técnicos, lingüísticos e terminolóxicos suficientes que lles aseguren unha completa capacitación lingüística e un emprego doado do galego nas súas actividades profesionais".



SALUDOS

PRIMERA FUERZA SINDICAL EN JUSTICIA A NIVEL NACIONAL


CSI  Defendiendo lo público

Central Sindical Independiente y de Funcionarios    Sector  Justicia   

c/ Fernando el Santo, nº 17, 2ª 28010 MADRID Teléfono: 91 567 44 69 y 91 567 59 91  web: www.csi-f.es/justicia correo electrónico: justicia@csi-f.es

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario