Páginas

Google Website Translator Gadget

martes, 26 de marzo de 2013

A Xunta implanta o sistema de gravación de vistas con sinatura dixital en 71 salas dos órganos xudiciais galegos

CSI●F      JUSTICIA      INFORMA

A Xunta implanta o sistema de gravación de vistas con sinatura dixital en 71 salas dos órganos xudiciais galegos

Evitará a presenza física no xuízo dos secretarios xudiciais que asinarán electrónicamente a gravación con todas as garantías de autenticidade e seguridade

Permitirá a consulta das gravacións vía web a xuíces e secretarios xudiciais

O Centro de Proceso de Datos Da Xunta albergará un repositorio centralizado de todas as gravacións accesible desde calquera punto da Comunidade

Trátase da primeira fase deste proceso, que permitirá cumprir coas necesidades establecidas na Nova Oficina Xudicial e avanzar cara o expediente xudicial electrónico

A Xunta asinará un convenio co Goberno central por importe de 5 millóns de euros para integrar novos sistemas e servizos TIC na Administración de Xustiza

Valoración            (0 votos)

 Volver Enviar Imprimir

Santiago | 23/03/13

A Xunta comezará no mes de maio a implantación do novo sistema de gravación de visas con sinatura dixital en 71 salas dos órganos xudiciais galegos. Trátase da primeira fase deste proceso, que permitirá cumprir coas necesidades establecidas na Nova Oficina Xudicial e avanzar cara o expediente xudicial electrónico.

O plan de implantación prevé a renovación de equipamento ao longo deste ano en 52 salas e a actualización do software noutras 19. Desde xeito, unha vez rematada esta primeira fase o 42% das salas contarán con gravación de vistas con sinatura electrónica integrada e o 67% estarán dotadas con equipamento posterior a 2009.

Esta actuación conta cun investimento de 646.224 euros grazas convenio Ius+Red asinado entre entre a Xunta de Galicia, o Ministerio de Xusticia e a Entidade Pública Empresarial Red.es.

Así o explicaron esta mañá a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira, e o director xeral de Xustiza, Juan José Martín, durante a presentación do plan de implantación.

Sinatura dixital e almacenamento seguro
O novo sistema dixital libera o secretario xudicial de estar presente na sala de vistas durante o xuízo, agás que o soliciten as partes ou o considere preciso o propio secretario xudicial, o que lle permitirá concentrarse noutras actividades procesuais. Só durante 2012 celebráronse preto de 100.000 vistas nas 172 salas galegas.

Unha vez instalado o novo equipamento, o secretario xudicial autorizará previamente a gravación do xuízo e poderá seguir a sesión dende o seu propio despacho. Ao finalizar a vista, incorporará, mediante a tarxeta de empregado público, a súa sinatura electrónica ao arquivo que contén a gravación, dotándoo das garantías de autenticidade, integridade e inmodificabilidade esixidas pola Lei.

Unha vez autenticada a gravación almacenarase en dous niveis, no servidor do partido xudicial correspondente e no Centro de Proceso de Datos Integral da Xunta, situado no Gaiás, que albergará un repositorio centralizado con todas as gravacións da Administración da Xustiza en Galicia accesible desde calquera punto da Comunidade.

A consulta destas gravacións realizarase vía web. A esta aplicación só pode acceder o persoal autorizado mediante a súa identificación a través da tarxeta de empregado público.

Integrado á rede de videoconferencias
O novo sistema estará integrado coa rede de videoconferencias de sala para que se poidan incorporar á gravación aquelas declaracións que se fagan a través deste sistema. O ano pasado a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia rematou a posta en marcha desta rede ao finalizar o despregamento de 22 novos terminais de sala.

Actualmente, a Administración da Xustiza en Galicia conta cunha rede de videonconferencia dotada de 55 equipos de sala que dan servizo ao o 100% das salas consideradas preferentes (menores, violencia de xénero, penal, vixilancia penitenciaria).

Plan Senda e convenio co Goberno central
A renovación dos sistemas de gravación de vistas enmárcase no Plan Senda para a integración das TIC na Xustiza no que se levan investidos 13,7 millóns de euros no período 2009-2012.

As medidas do Plan abranguen a mellora das infraestruturas de telecomunicacións das sedes xudiciais, a implantación e actualización dos sistemas de información como Lexnet, Minerva ou Fortuny, a formación do axentes xudiciais e a renovación e implantación de equipamento tecnolóxico que está a permitir a dixitalización dos trámites administrativos, evitando o uso do papel e aforrando desprazamentos.

Para complementar estas actuacións e avanzar no desenvolvemento de expediente electrónico xudicial a Xunta asinará un convenio con Goberno central por un importe de 5 millóns de euros.

Fonte: Xunta de Galicia

SALUDOS

PRIMERA FUERZA SINDICAL EN JUSTICIA A NIVEL NACIONAL

CSI—F   Defendiendo lo público

Central Sindical Independiente y de Funcionarios  —  Sector  Justicia   

c/ Fernando el Santo, nº 17, 2ª 28010 MADRID Teléfono: 91 567 44 69 y 91 567 59 91  web: www.csi-f.es/justicia correo electrónico: justicia@csi-f.es


 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario