Páginas

Google Website Translator Gadget

miércoles, 10 de octubre de 2012

Nota de Prensa: Mario Conde mantivo no dia de hoxe contacto con CSI•F

CSIF               JUSTICIA      INFORMA  


O candidato as eleccións da Xunta de Galicia polo partido Sociedad Civil y Democracia (SCyD), Mario Conde mantivo no dia de hoxe contacto coa Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSI•F), sindicato máis representativo no conxunto das Administracións Públicas, para tratar sobre a problemática dos empregados públicos das distintas Administracións da Comunidade Autónoma de Galicia, así como para explicar o seu proxecto electoral con especial significación ao que afecta a este colectivo.

En liñas xerais hai coincidencia nos seguintes aspectos: a perda do poder adquisitivo de máis dun 30% nos últimos anos; que os empregados públicos non son culpables da crise e que non se pode facer recaer sobre eles as consecuencias da mesma; que antes de recortar o salario deste colectivo habería que abordar en profundidade os gastos provocados pola clase política. Do mesmo xeito, o candidato de SCyD criticou e censurou a campaña de descrédito e demonización contra dos empregados públicos instada polos distintos gobernos e materializada por algúns medios de comunicación.

Ambas organizacións coincidiron en que é precisa e urxente abordar unha reforma da Administración Pública galega a fin de que sexa eficiente para os cidadáns. Unha Administración correctamente dimensionada e integrada por empregados públicos profesionais garantes duns servizos públicos universais e de calidade, rexeitando a figura do posto directivo que non ten máis obxecto que politizar a Administración Pública en favor dos gobernantes e detrimento da sociedade.


No hay comentarios:

Publicar un comentario