Páginas

Google Website Translator Gadget

jueves, 19 de julio de 2012

"Con estes recortes, Mariano Rajoy repite os erros do goberno anterior"

CSIF               JUSTICIA      INFORMA 


elcorreogallego.es


ENTREVISTA CON JOSÉ FRANCISCO MÉNDEZ

"Con estes recortes, Mariano Rajoy repite os erros do goberno anterior"

O presidente do sindicato CSI-F en Galicia sinala en Radio Obradoiro que as medidas anunciadas "son para salvar unhas entidades financieiras que levaron a cabo unha mala xestión" //Lamenta que os que a teñen que pagar sexan os máis débiles //Cifra nuns 18.000 os funcionarios que traballand en Santiago entre a sanidade, a educación e a administración autonómica


"O cabreo e o malestar do sector público é tremendo". Así definía este xoves en Radio Obradoiro o presidente do sindicato CSI-F en Galicia o estado dos funcionarios logo de coñecerse que, entre outras cousas, van quedar sen paga de Nadal e van ver reducidos os seus días de libre disposición. Para José Francisco Méndez, "Rajoy está a repetir os erros do goberno anterior".
Na súa opinión, as medidas anunciadas "van afectar especialmente ós máis débiles, e non van solucionar a situación económica do país. A crise non está causada polos médicos, os parados ou os policías, senón polo interese especulativo dalgúns". Méndez sinalou que na área de Santiago, entre o sector sanitario, o ensino e a administración autonómica, traballan uns 18.000 funcionarios. "O feito de que queden sen paga de Nadal vai supoñer unha caída brutal no consumo".
O presidente do CSI-F en Galicia criticou que os recortes anunciados onte sexan "para salvar unhas entidades financieiras que levaron a cabo unha mala xestión". Explicou que levan tempo "pedindo un pacto de Estado para reformar as administracións públicas que non chega, non queren dar exemplo". Non é de xustiza, engadiu, "que os parlamentarios galegos non paguen a Facenda polo 50% das súas retribucións porque están exentas, ou que os deputados autonómicos e os alcaldes poidan decidir se se baixan ou non o soldo. Unha opción que non ten un policía mileurista".
Dende que comezou a crise, Méndez cifrou en máis dun 20 por cento a perda de poder adquisitivo dos traballadores da función pública. Os sindicatos xa anuncian mobilizacións, "que serán contundentes a partires de setembro ou outubro", cando non descartan a convocatoria dunha folga xeral

No hay comentarios:

Publicar un comentario