Páginas

Google Website Translator Gadget

jueves, 1 de diciembre de 2011

Os Axentes de emprego da CSIF de Pontevedra informan de seguintes novas que poden ser de interés;

CSIF      JUSTICIA      INFORMA


·         Enlace da revista de emprego do Concello de Pontevedra "Pontemprego".
Achegamos o Boletín de Emprego nº 74 PONTEemprego 
Pulsando clic na seguinte enlace accederá ao boletín

·         PUBLICADO NO DOG:
Resolución do 22 de novembro de 2011, da Dirección Xeral da Función Pú­blica, pola que se fan públicas as listaxes provisionais para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia:
1. Listaxes provisionais para a cobertura, con carácter transito­rio, de prazas reservadas a persoal funcionario e a persoal laboral correspondentes aos corpos, escalas, grupos e categorías que se inclúen nos anexos I e II, con indicación das puntuacións provisorias resultantes da aplicación do baremo establecido no artigo 9 do Decreto 37/2006.
2. As listaxes atópanse na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta. es) na epígrafe Función pública.
3. Nas devanditas listaxes figura a seguinte información:
– Solicitantes admitidos na listaxe con indicación da puntuación provisional. – Solicitantes excluídos con expresión da causa de exclusión.
4. Os interesados disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para presentar reclamacións ante a Comisión Permanente Central (D.X. Función Pública) http://www.xunta.es/dog/Publicados/2011/20111130/AnuncioCA01-221111-9040_gl.pdf

No hay comentarios:

Publicar un comentario