Páginas

Google Website Translator Gadget

miércoles, 30 de noviembre de 2011

NUEVOS EQUIPOS DE VIDEOCONFERENCIA


CSIF      JUSTICIA      INFORMA  

Información da Intranet Xudicial:

Despregados 22 novos equipos de videoconferencia de sala en sedes xudiciais

Comezou o despregamento de 22 novos equipos de videoconferencia de sala que se destinarán ás sedes xudiciais nas que se atopan as fiscalías e o Imelga (Instituto de Medicina Legal de Galicia) e a aumentar o equipamento dispoñible nas salas de vistas
das distintas sedes da Administración de xustiza de Galicia.

Este plan enmárcase no Plan Senda 2014 para o desenvolvemento das TIC na Administración de xustiza. Os equipos configuraranse para funcionar a través da rede IP, o que permitirá a realización de todo tipo de chamadas sen ningún custo asociado.

A instalación dos dous primeiros equipos de videoconferencia de sala realizouse nos xulgados de Verín e de Pontevedra, para darlles servizo á sección territorial da fiscalía e aos xulgados de 1ª instancia e instrución números 1 e 2, e á fiscalía provincial,
respectivamente.

Videoconferencia persoal

O equipamento de videoconferencia completarase coa instalación, que comezará na última semana do mes de novembro, dunha solución de videoconferencia persoal nos ordenadores de xuíces, fiscais, médicos forenses e secretarios xudiciais.

Coa posta en funcionamento do novo equipamento dotarase a todos os axentes do proceso xudicial dun medio de comunicación áxil e flexible para a presenza e visualización, en remoto, nas declaracións e vistas nas que han de tomar parte, o que suporá un aforro en custo e tempo, grazas á redución dos desprazamentos necesarios para a intervención nas vistas xudiciais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario