Páginas

Google Website Translator Gadget

viernes, 28 de octubre de 2011

Os Axentes de Emprego da CSI-F de Pontevedra informan;

CSIF      JUSTICIA      INFORMA     


BASES XERAIS E CONVOCATORIA PÚBLICA DE CATRO BOLSAS DE COLABORACIÓN PARA A REALIZACIÓN DE PRÁCTICAS NAS OFICINAS DE TURISMO DO ORGANISMO AUTÓNOMO LOCAL TURISMO RÍAS BAIXAS - DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA.

De conformidade coa proposta do Técnico do O.A.l. de Turismo Rías Baixas, a Presidencia deste organismo convoca catro bolsas de colaboración para Diplomados en Turismo, Grado en Turismo ou Ciclo superior en Comercialización e Información Turística e a creación dunha lista de reserva por se fose necesaria, en virtude das facultades que lle confire a base 15-3, a) das aprobadas para a execución do orzamento deste organismo e segundo as seguintes bases:

OBXECTO
Esta convocatoria ten por obxecto a concesión de catro (4) bolsas de colaboración para a realización de prácticas en oficinas de información e servizos turísticos do O.A.l. Turismo Rías Baixas por un período de 6 meses con posibilidade de prórroga ata completar o ano.

CONDICIÓN DOS ASPIRANTES
Poderán ser beneficiarios destas bolsas de colaboración aquelas persoas físicas que, tendo capacidade de obrar e non estando inhabilitadas para a obtención de axudas e subvencións públicas, reúnan os seguintes requirimentos:
a) Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun dos países membros da unión Europea.
b) Estar en posesión do título de Diplomado en Turismo, Grado en Turismo ou Ciclo Superior en Comercialización e Información turística, ou en condicións de obtelo na data en que finalice o prazo de presentación de instancias. A titulación deberá ser, cando menos, obtida no ano 2006 ou con posterioridade a esta data no momento de inicio de presentación de solicitudes.
No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberán atoparse homologadas polo Ministerio competente en España.
c) Non ter sido beneficiario dunha bolsa neste organismo por duración superior a un ano.
d) Non padecer ningunha enfermidade nin limitación física ou psíquica que imposibilite o cumprimento das súas obrigas como bolseiro.
e) Non estar incurso en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiario sinaladas no apartado 2 do artigo 13 da lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

DOTACIÓN ECONÓMICA E CRÉDITO ORZAMENTARIO
Estas bolsas figuran cunha dotación económica de 1.200,00 €/mes, importe bruto por beneficiario.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As instancias solicitando tomar parte nesta convocatoria dirixiranse ó Presidente do O.A.l. Turismo Rías Baixas e presentaranse no rexistro deste organismo de luns a venres en horario de 9:00 a 13:00 horas, sito na praza Santa María, s/n, Pontevedra, no prazo de dez días naturais dende a publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. Se o último día de presentación de solicitudes coincidise en sábado, domingo ou festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos na lei 30/92 do 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. Nestes casos, o solicitante deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ao O.A.l. Turismo Rías Baixas a remisión da solicitude. Poderá facelo mediante fax (986868750), telegrama ou correo electrónico (administracion.riasbaixas@depo.es) no mesmo día.
Xunto a solicitude, achegarase a seguinte documentación orixinal ou debidamente compulsada:
a) Fotocopia do Documento Nacional de Identidade, ou calquera outro que o substitúa.
b) Documento acreditativo de estar en posesión do título esixido para dita bolsa, ou en condicións de obtelo na data en que remata o prazo de presentación de solicitudes.
c) Certificado do expediente académico.
d) Curriculum vitae e documentación acreditativa deste.
e) Declaración xurada comprometéndose o solicitante a renunciar, se fose seleccionado, a calquera outro tipo de actividade remunerada durante o tempo de disfrute da bolsa.
Os solicitantes estarán ó disposto no artigo 23, apartados 3, 4 e 5 da lei 38/2003 do 17 de novembro, Xeral de Subvencións, en todo aquilo que lle sexa de aplicación.

ORDENACIÓN, INSTRUCCIÓN E RESOLUCIÓN DO PROCEDEMENTO
Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, publicarase no taboleiro de anuncios do O.A.l.
Turismo Rías Baixas e na páxina web (www.riasbaixas.depo.es) a relación de aspirantes admitidos e excluídos, con expresión, neste último caso, dos motivos de exclusión. Os solicitantes excluídos ou omitidos poderán presentar alegacións no prazo de dez días, a contar dende o seguinte á publicación.

COMISIÓN DE VALORACIÓN
Para poder valorar os méritos achegados polos interesados constituirase una comisión de valoración, que estará integrada polos seguintes membros:
• Presidente: O Presidente do O.A.l. Turismo Rías Baixas – Deputación de Pontevedra, ou Deputado en quen delegue.
• Secretario: O Secretario do O.A.l. Turismo Rías Baixas ou funcionario de carreira con titulación superior en quen delegue.
• Vogais: O Interventor do O.A.l. Turismo Rías Baixas ou funcionario de carreira con titulación superior en quen delegue. O coordinador do O.A.l. Turismo Rías Baixas ou técnico en quen delegue. un Técnico do O.A.l. Turismo Rías Baixas Todos os membros terán voz e voto.
A comisión non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente.

CRITERIOS DE CONCESIÓN DAS BOLSAS
A selección dos beneficiarios efectuarase en función dos resultados dos criterios de valoración, que se desenvolverán en tres fases:
1.—Avaliación de méritos
2.—Proba escrita sobre o coñecemento da provincia de Pontevedra
3.—Entrevista persoal
Primeiro.—Para a avaliación de méritos, que se publicará na páxina web e no taboleiro de anuncios do O.A.l. Turismo Rías Baixas, e que deberán ser debidamente acreditados polo aspirante, terase en conta o seguinte baremo:
— Méritos académicos - ata un máximo de 4 puntos
Os aspirantes ás bolsas deberán presentar un certificado do expediente académico coa nota media obtida.
— Expediente académico dos Diplomados e Graduados en Turismo, tendo en conta a nota media:
• Matrícula de honra: 4 puntos
• Sobresaínte (9,0 -10): 3 puntos
• Notable (7,0 – 8,9): 2 puntos
• Aprobado (5,0 – 6,9): 1 punto
— Expediente académico para os Técnicos Superiores de Información e Comercialización
Turística, tendo en conta a nota media:
• Matrícula de honra: 2 puntos
• Sobresaínte (9,0 -10): 1,5 puntos
• Notable (7,0 – 8,9): 1 puntos
• Aprobado (5,0 – 6,9): 0,5 puntos
— Cursos de Formación: Por ter asistido a cursos de formación e perfeccionamento impartidos en Centros Oficiais, universidades, Colexios Oficiais ou Escolas de Administración Pública relacionadas coas materias obxecto desta convocatoria – ata un máximo de 3 puntos.
Master ou Postgrado (relacionado co sector turístico) : 1 punto

DURACIÓN/HORAS PUNTOS
100 ou máis horas 0.25 puntos
De 60 a 99 horas 0.20 puntos
De 30 a 59 horas 0.15 puntos
De 10 a 29 horas 0.10 puntos
9 ou menos horas 0.05 puntos

DURACIÓN/HORAS PUNTOS
10 ou máis créditos 0.25 puntos
De 6 a 9 créditos 0.20 puntos
De 3 a 5 créditos 0.15 puntos
De 1 a 5 créditos 0.10 puntos
No suposto de que non se acredite a duración dos cursos, serán valorados a razón de 0.05 puntos.
— Coñecemento de idiomas estranxeiros – ata un máximo de 2,50 puntos e serán computables un máximo de dous idiomas, a razón de un máximo de 1,25 puntos cada idioma.
No caso de que os cursos de idiomas sexan valorados polo número de horas, aplicarase o baremo dos cursos.
No caso de que os cursos de idiomas sexan dunha Escola Oficial o baremo será o seguinte:
Nivel Básico Nivel Medio Nivel Avanzado
0.75 puntos 1 punto untos
— Coñecemento acreditado do idioma galego: ata un máximo de 0.50 puntos (no caso de ter varios cursos terase en conta só o de maior puntuación):
Curso de iniciación ou Celga 3 0.25 puntos
Curso de Perfeccionamento ou Celga 4 0.50 puntos
Segunda.—A proba escrita, cuxo lugar, data e hora de celebración será anunciada na páxina web e no taboleiro de anuncios do O.A.l. Turismo Rías Baixas cunha antelación mínima de dous días, versará sobre o coñecemento da provincia de Pontevedra e os seus recursos turísticos e valorarase cun máximo de cinco puntos. Para superar esta fase os aspirantes deberán acadar unha puntuación mínima de 2,5 puntos.
Terceira.—Na entrevista persoal, cuxo lugar, data e hora de celebración será anunciada na páxina web e no taboleiro de anuncios do O.A.l. Turismo Rías Baixas cunha antelación mínima de dous días, valorarase a motivación, a facilidade de expresión, a iniciativa e o trato persoal e valorarase cun máximo de tres puntos. Para superar esta fase os aspirantes deberán acadar unha puntuación mínima de 1,5 puntos.

CONDICIÓNS XERAIS
As bolsas terán unha duración de seis meses a contar dende a incorporación dos bolseiros, que poderá prorrogarse por outros seis meses ata completar o ano.
A bolsa será incompatible co desempeño de calquera outra actividade remunerada.
O beneficiario da bolsa de colaboración comprometerase á realización das prácticas con plena dispoñibilidade, de acordo coas indicacións e horarios que lle sinale o técnico responsable do O.A.l.
Turismo Rías Baixas, cun límite de trinta e cinco horas semanais. Todos os horarios estarán suxeitos a cambios, se as circunstancias o esixen, co límite horario mencionado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario