Páginas

Google Website Translator Gadget

lunes, 24 de octubre de 2011

Os Axentes de Emprego da CSI-F de POntevedra informan da convocatoria de bolsas de prácticas en oficinas de información turística.

CSIF      JUSTICIA      INFORMA    


DOG 24 DE OUTUBRO
ADMINISTRACIÓN LOCAL
VIGO
DEPUTACIÓN PROVINCIAL
BaSES XEraIS E CONVOCaTOrIa DE BOlSaS Para a rEalIZaCIÓN DE PrÁCTICaS EN OFICINaS DE INFOrMaCIÓN E SErVIZOS TUrISTÍCOS (aNEXO I)
PrIMEIra.—OBXETO Da SUBVENCIÓN
O obxeto das bolsas ou subvencións a que se refiren as presentes bases reguladoras é a convocatoria de bolsas para a realización de prácticas en oficinas de información e servizos turísticos municipais.
O contido dos traballos a desenvolver como prácticas será o que segue:
— Promoción e apoio á comercialización de produtos turísticos da Concellería.
— Información ó turista sobre os recursos turísticos da cidade: monumentos, actividades de recreo e ocio, museos, praias, hoteis, transportes, rutas turísticas, gastronomía, espectáculos, feiras, festas, etc., así como calquera outras información que pola súa natureza ofreza atractivo para o visitante.
— Facilitar información e atención ó turista para o período estival: oficinas de información, bus turístico, puntos vermellos, atención a cruceiristas, oficina móbil, etc.
— Elaboración de estatísticas das oficinas de información e servizos turísticos, para recoller o perfil de visitante, medio de transporte, motivación da viaxe, tipo de aloxamento elixido, etc.
— Actualización do inventario de recursos turísticos.
— Apoio á realización de estudos e informes de produtos e mercados turísticos emisores.
A condición de bolseiro/a non xerará ningún tipo de relación de carácter laboral ou contractual co
Concello de Vigo ou calquera outra administración pública, polo que a concesión da bolsa non dará lugar á inclusión dos bolseiros/as no Réxime Xeral da Seguridade Social. Os titulares da bolsa serán única e exclusivamente beneficiarios dunha subvención para a obtención da debida formación profesional, san que exista relación de servizos profesionais co Concello de Vigo e sen que a devandita axuda económica poda entenderse como unha contra-prestación dos traballos que, como prácticas, eventualmente se realicen. É dicir, trátase dunha disposición gratuíta de fondos públicos, en forma de axuda económica, para fomentar unha actividade de utilidade pública como é a mellora da formación dun sector de marcada importancia na economía local.

NÚMERO, DOTACIÓN E DURACIÓN DAS BOLSAS
Concederánse 4 bolsas para o periodo comprendido entre o 16 de novembro de 2011 e o 15 de novembro de 2012 (4 bolsas x 12 meses x 900€/mes= 43.200€). Cada bolsa importa 10.800€.
Asi mesmo, concederanse 6 bolsas para o periodo comprendido entre o 1 de abril e o 31 de outubro
de 2012, coincidindo coa temporada alta turística (6 bolsas x 7 meses x 900€/mes= 37.800€)
Cada bolsa importa 6.300€
O importe da axuda será obxeto das retencións fiscais previstas legalmente.

REQUISITOS DOS BOLSEIROS/AS
Ademais dos requisitos establecidos no artigo 10 da Lei de Subvencións de Galicia, para poder optar ás bolsas, os interesados/as deberán reunir, como mínimo, os seguintes requisitos:
1. Poderán optar ás bolsas de prácticas nas oficinas e servizos de información e promoción turística os/as Técnicos Superiores en Información e Comercialización Turística, así como os Diplomados/as en Empresas e Actividades Turísticas. A titulación deberá ser, cando menos, obtida no ano 2000 ou con posterioridade á este data. Só poderán concorrer a esta convocatoria os/as solicitantes que reúnan estas condicións e sempre que nacesen con posterioridade ó 31 de decembro de 1978.
2. Non poderán optar ás bolsas de prácticas as persoas nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da Lei de subvencións de Galicia, para o que se esixirá aos solicitantes unha declaración de non estar incursos nas prohibicións que recolle o dito artigo

OBRIGAS DOS BENEFICIARIOS
Os/as beneficiarios/as das bolsas comprométense á realización das prácticas con plena dispoñibilidade, de acordo coas indicacións e horarios que lles sinales a Xefatura do Servizo de Turismo e Comercio, cun límite de trinta e sete horas e media semanais. Todos os horarios estarán suxeitos a cambios, se as circunstancias o esixen e sen pasar nunca do límite mencionado.
Turismo de Vigo adxudicará os destinos, reservándose a facultade de adscribir ós bolseiros/as durante o período que abrangue a bolsa a unha oficina ou servizo diferente do primeiro ó que inicialmente se lle adscribira, se as circunstancias así o aconsellan.
O labor do/a bolseiro/a será incompatible con calquera outra actividade non recollida no seu plan de traballo.
Os/as adxudicatarios/as das bolsas comprométense, así mesmo, a entregar unha memoria dos traballos realizados ó finalizar o período da bolsa, así como a incorporar diariamente á base de datos municipal os datos estadísticos recollidos cada día durante o desenvolvemento do seu traballo.
Os traballos que os/as bolseiros/as puideran realizar durante a vixencia da bolsa de prácticas, así como a memoria final serán propiedade do Concello de Vigo, que se reserva o dereito da súa publicación e utilización.
Os titulares das bolsas que resulten adxudicatarios/as, asinarán un convenio de colaboración para o desenvolvemento da bolsa en cuestión, no que se precisarán cantas obrigas complementarias resulten necesarias para o adecuado cumprimento do fin da bolsa, particularmente as que permitan emitir a certificación de asistencias dos bolseiros.
Ós/ás bolseiros/as que o soliciten entregaráselles un certificado conforme realizaron as prácticas de referencia.

CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DA SUBVENCIÓN E PONDERACIÓN DELES
Primeiro.—A prelación entre as solicitudes para a adxudicación das bolsas farase en función dos resultados dos criterios de valoración, que se desenvolverán en tres fases:
a) Primeira fase: exercicio sobre coñecemento de Vigo.
b) Segunda fase: entrevista persoal.
c) Terceira fase: avaliación de méritos e titulacións.
Segundo.—Para a valoración dos méritos e titulacións alegadas, terase en conta o seguinte baremo:
1.—Nota media
Valorarase a nota media obtida ó longo dos estudios de turismo, do seguinte modo:
— Sobresaínte: 1 punto.
— Notable: 0,5 puntos.
2.—Cursos de formación en materia de turismo.
Cursos de Postgrado: (Máster de Turismo ou Doctorado en Turismo): 1 punto.
Valorarase, calquera curso impartido nun centro homologado e directamente relacionado co turismo, sempre que sexa dunha duración igual ou superior a 20 horas e o documento acreditativo defina os contidos impartidos no mesmo. Puntuación: 0,10 puntos por cada curso, ata un máximo de 1 punto.
3.—Idiomas.
3. a) Por cada ciclo superado, na Escola Oficial de Idiomas, e acreditando a correspondente certificación, a seguinte puntuación:
— Ciclo Básico: 0,5 puntos
— Ciclo Intermedio: 1 punto
— Ciclo Avanzado: 1 punto
— A puntuación máxima acadada por idioma, neste apartado é de 2,5 puntos. Non se valoran os cursos só os ciclos.
3. b) Os méritos que se conteñen no seguinte cadro, valoraranse tal e como se indica, ata un máximo de 2,5 puntos por idioma.


No hay comentarios:

Publicar un comentario