Páginas

Google Website Translator Gadget

lunes, 17 de octubre de 2011

A Axente de Emprego da CSI-F de Pontevedra informan da Convocatoria do proceso selectivo na Deputación de Pontevedra


CSIF      JUSTICIA      INFORMA  

ADMINISTRACIÓN LOCAL
DEPUTACIÓN PROVINCIAL

BASES XERAIS E ESPECÍFICAS QUE REGULAN A CONVOCATORIA DE PROCESOS SELECTIVOS PARA CUBRIR PRAZAS VACANTES NESTA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, INCLUÍDAS NA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DOS ANOS 2010 E 2011.
NÚMERO E CARACTERÍSTICAS DAS PRAZAS CONVOCADAS
O número de prazas vacantes, a súa denominación e características relaciónanse a continuación:
— 1 praza de técnico de administración xeral, encadrada na escala de admón. xeral, subescala técnica e integrada no grupo A1, por quenda libre e reservada a persoas discapacitados
— 1 praza de técnico de xestión de persoal, encadrada na escala de admón. especial, subescala técnica, clase superior e integrada no grupo A1, por quenda promoción interna
— 1 praza de técnico medio de administración de persoal, encadrada na escala de admón. especial, subescala técnica, clase técnico medio e integrada no grupo A2, por quenda libre
— 1 praza de enxeñeiro técnico informático de xestión, encadrada na escala de admón. especial, subescala técnica, clase técnico medio e integrada no grupo A2, por quenda libre
— 1 praza de enxeñeiro técnico agrónomo, encadrada na escala de admón. especial, subescala técnica, clase técnico medio e integrada no grupo A2, por quenda libre
— 4 prazas de técnico auxiliar educación diurna, encadrada na escala de admón. especial, subescala técnica, clase auxiliar e integrada no grupo C1, por quenda libre
— 1 praza de técnico auxiliar recursos humanos, encadrada na escala de admón. especial, subescala técnica, clase auxiliar e integrada no grupo C1, por quenda libre
— 1 praza de corrector de probas, encadrada na escala de admón. especial, subescala técnica, clase auxiliar e integrada no grupo C1, por quenda libre
— 2 prazas de programador, encadradas na escala de admón. especial, subescala técnica, clase auxiliar e integradas no grupo C1, por quenda libre
— 1 praza de técnico auxiliar fiscalización, encadrada na escala de admón. especial, subescala técnica, clase auxiliar e integrada no grupo C1, por quenda libre
— 1 praza de administrativo admón. xeral, encadrada na escala de admón. xeral, subescala administrativa e integrada no grupo C1, por quenda libre.
— 6 prazas de auxiliar de admón. xeral, encadradas na escala de admón. xeral, subescala auxiliar e integradas no grupo C2, por quenda libre.
— 1 praza de auxiliar de admón. xeral, encadrada na escala de admón. xeral, subescala auxiliar e integrada no grupo C2, por quenda libre e reservada a persoas con discapacidade.
— 1 praza de encargado de cociña, encadrada na escala de admón. especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios e integrada no grupo C1, por quenda libre.
— 1 praza de auxiliar informático, encadrada na escala de admón. especial, subescala cometidos especiais, clase auxiliar e integrada no grupo C2, por quenda libre.
— 1 praza de auxiliar de campo, encadrada na escala de admón. especial, subescala cometidos especiais, clase auxiliar e integrada no grupo C2, por quenda libre.
— 1 praza de oficial de viveiros e tratamentos fitosanitarios, encadrada na escala de Admón. especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios e integrada no grupo C2, por promoción interna.
— 2 postos de traballo de operario de servizos varios a tempo parcial, clasificados no grupo E, por quenda libre e reservados a persoas con discapacidade.
ingresado na Tesourería da Deputación ou na conta bancaria de Novacaixagalicia nº 2080
0401 68 0040106618 a cantidade fixada como dereitos de exame.

SOLICITUDES
As persoas que desexen tomar parte nas probas selectivas convocadas deberán facelo constar mediante unha instancia dirixida ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación de Pontevedra. A instancia conterá, polo menos, os datos persoais do solicitante co seu enderezo e a denominación da praza convocada á que opta, achegándolle unha fotocopia autenticada do documento nacional de identidade ou a tarxeta acreditativa da súa identidade, expedida polas autoridades competentes no caso de cidadáns comunitarios, xustificante de ingreso dos dereitos de exame e, no seu caso, a documentación acreditativa dos méritos alegados para a fase de concurso debidamente compulsados.
O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado, mediante extracto, e previa publicación do texto íntegro das bases e a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia e o extracto no Diario Oficial de Galicia.
A presentación de solicitudes poderá facerse ben no rexistro xeral da Deputación de Pontevedra, as solicitudes que se presenten a través da oficina de correos deberán entregarse en sobre aberto para ser seladas e datadas polo funcionario de Correos antes de seren certificadas.

DEREITOS DE EXAME
Será requisito necesario para participar nas probas selectivas aboar, dentro do prazo de presentación de instancias, os dereitos de exame e os gastos de tramitación que, no seu caso, determine a entidade bancaria, que poderán satisfacerse directamente na Tesourería da Deputación, ou ben mediante xiro postal, telegráfico ou transferencia bancaria dirixida á conta nº 2080 0401 68 0040106618 da Deputación de Pontevedra en Novacaixagalicia; de non realizarse o pagamento directamente na Tesourería provincial o solicitante fará constar na súa instancia a data do xiro ou da transferencia e o número do resgardo.
En función da praza a que opte, as cantidades a aboar en concepto de dereitos de exame se relacionan a continuación:
— Prazas de funcionarios integradas no grupo A1: 35 €
— Prazas de funcionarios integradas no grupo A2: 30 €
— Prazas de funcionarios integradas no grupo C1: 25 €
— Prazas de funcionarios integradas no grupo C2: 20 €
— Prazas de funcionarios integradas no grupo E: 15 €
Estarán exentas de pagar os dereitos de exame as persoas con discapacidade igual ou superior ó 33%.
O persoal que participe no procesos selectivos de promoción interna gozará dunha bonificación do 50% no importe total dos dereitos de exame.

www.bop.depo.es Núm. 198 Venres 14 de outubro de 2011 Páx. 2


No hay comentarios:

Publicar un comentario