Páginas

Google Website Translator Gadget

martes, 6 de septiembre de 2011

O Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática (CPETIG) Organiza unhas xornadas sobre Informática Xudicial en Lugo

CSIF      JUSTICIA       INFORMA



O Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) organiza en Lugo, os días 15 e 16 deste mes de setembro, un seminario sobre Informática Xudicial, Peritaxe Técnico e Proba Electrónica que se desenvolverá en horario de tarde (17-21 horas)

Lugo | 06/09/11 
O obxectivo deste seminario é informar e concienciar aos xuristas dos avances en materia probatoria nos casos en que interveña o factor informático no proceso, así como dos importantes beneficios da incorporación e uso das novas tecnoloxías no propio proceso xudicial. Co seminario tratarase ademais de sensibilizar sobre a axuda que poden prestar os peritos informáticos nas causas xudiciais e as claves de valoración da proba informática.

Os destinatarios do seminario son xuíces, maxistrados, secretarios xudiciais e fiscais. A acción formativa desenvolverase no Salón Madeira do Hotel Méndez Núñez da capital lucense (Rúa da Reina, 1) e será inaugurada, pola subdirectora xeral de Sistemas de Información e Modernización da Administración Pública, María José García Sexto, e polo presidente do CPETIG, Marcos Mata.

PROGRAMA
O curso dividirase en dúas xornadas perfectamente diferenciadas.

Na primeira xornada, a que se desenvolverá o vindeiro xoves 15 de setembro, o primeiro relatorio correrá a cargo do avogado Victor Salgado, socio do Bufete Pintos&Salgado, que abordará o tema do "Dereito das novas tecnoloxías".

Esta xornada completarase coa conferencia do fiscal especializado en Criminalidade Informática da provincia de Pontevedra, Luis María Uriarte, que abordará o tema da proba electrónica e a súa importancia no proceso xudicial.

A segunda xornada, que terá lugar o venres 16 de setembro, contará coa presenza do Xefe do Grupo de Delitos Telemáticos da Comandancia da Garda Civil en Pontevedra, Gonzalo Sotelo, que disertará sobre a o protocolo forense en probas electrónicas.

Esta segunda xornada formativa completarase co relatorio do perito do Corpo Oficial de Peritos do Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia (CPETIG), Miguel Abal, que abordará na súa intervención o tema da práctica pericial informática.

Fonte: Xunta de Galicia

No hay comentarios:

Publicar un comentario