Páginas

Google Website Translator Gadget

miércoles, 24 de agosto de 2011

A Axente de Emprego de Pontevedra informa do Concurso Fotográfico "Comarca Natural de Bergantiños"

CSIF               JUSTICIA INFORMA



A Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Bergantiños convoca a 1ª Edición do Concurso Fotográfico "Comarca Natural de Bergantiños", unha iniciativa coa que se pretende poñer en valor o territorio, os oficios, a natureza, a etnografía, a xente e o desenvolvemento da bisbarra bergantiñá.

A participación está aberta a todas as persoas físicas maiores de idade, así como aos menores con idade igual ou superior aos 16 anos coa correspondente autorización do/a seu/súa titor/a ou representante legal.

O prazo para presentar as candidaturas estará aberto ata o vindeiro 31 de outubro de 2011 e estas deberán presentarse nas oficinas do GDR "Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Bergantiños" localizadas no lugar A Camposa, s/n en Buño (Centro Comarcal de Bergantiños), en horario de 9:00 a 14:00 h. de luns a venres.

Concederanse tres gratificacións na categoría de "Fotografía Paisaxística" e na categoría de "Actividades e Oficios" cunha dotación económica total de 1.400€ e diploma acreditativo.

As bases e os requisitos técnicos do concurso atópanse publicados no taboleiro de anuncios do GDR Bergantiños, na web da Asociación http://www.adbergantinos.org e en www.facebook.com/gdrbergantinos


No hay comentarios:

Publicar un comentario