Páginas

Google Website Translator Gadget

lunes, 22 de agosto de 2011

A Axente de Emprego de Pontevedra informa das axudas para a rehabilitación de edificios e vivendas no Camiño de Santiago.

CSIF               JUSTICIA INFORMA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

ORDE do 26 de xullo de 2011 pola que se convoca á participación con actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas no ámbito dos Camiños de Santiago 1.ª fase. Programa de áreas de rehabilitación integral do Plan de Vivenda e Rehabilitación 2009-2012. ( http://www.xunta.es/dog/Publicados/2011/20110804/AnuncioCA02-280711-4877_gl.pdf )


Obxecto: A convocatoria dunha primeira fase (1.ª fase) de actuacións de rehabilitación de vivendas, promovidas por persoas físicas ou comunidades de propietarios, en execución do acordo asinado entre o Ministerio de Fomento e o Instituto Galego da Vivenda e Solo da Xunta de Galicia (IGVS) o 29 de abril de 2011 para a ARI dos Camiños de Santiago declarada o 17 de decembro de 2010.
Beneficiarios: Poderán participar nesta convocatoria as persoas físicas individualmente ou colectivamente a través dunha comunidade de propietarios, que pretendan facer rehabiliacións en vivendas e edificios de vivendas que estean situadas/os no ámbito da Área de Rehabilitación Integral (ARI) dos Camiños de Santiago, de acordo coa relación que figura no anexo I e que está integrada por:
· Camiño Francés: desde Pedrafita do Cebreiro ata Santiago de Compostela.
· Camiño da Plata I: desde A Mezquita ou Verín ata Ourense.
· Camiño da Plata II: desde Ourense ata Santiago de Compostela.
· Camiño Inglés: desde Ferrol ou A Coruña, xuntándose en Mesía ata Santiago de Compostela.
· Camiño Primitivo: desde A Fonsagrada ata Melide, onde conecta co Camiño Francés.
· Camiño Norte: desde Ribadeo ata Arzúa, onde conecta co Camiño Francés.
· Camiño Portugúes: desde Tui a Santiago de Compostela.
· Camiño de Fisterra-Muxía: desde Santiago de Compostela ata Fisterra con desvío a Muxía.
Consideraranse dentro do ámbito todas as parroquias polas que discorren os diferentes camiños coas seguintes excepcións:
a) Non se inclúen as vivendas que figuren en ARI xa declaradas pola Xunta de Galicia.
b) Nas conexións coas cidades e aldeas importantes, delimítase o ámbito ao trazado do camiño exclusivamente.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 1 de decembro de 2011.

Enlaces relacionados:
Decreto 402/2009, do 22 de outubro, polo que se establecen as axudas públicas en materia de vivenda a cargo da Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a xestión das previstas no Real decreto 2066/2008, do 12 de decembro, para o período 2009-2012. ( http://www.xunta.es/dog/Publicados/2009/20091105/Anuncio3CE42_gl.pdf )




No hay comentarios:

Publicar un comentario