Páginas

Google Website Translator Gadget

miércoles, 27 de julio de 2011

Os Axentes de Emprego de Pontevedra informan da Convocaroria de oposicións da Xunta de Galicia polo sistema de quenda libre.

CSIF               JUSTICIA INFORMA


 

CONVOCATORIA XUNTA DE GALICIA, QUENDA LIBRE

 

CONVOCADAS PRAZAS DO CORPO SUPERIOR, CORPO DE XESTIÓN E CORPO AUXILIAR.

 

XUNTA DE GALICIA

Prazo de instancias ata o día 16 de agosto de 2011

No DOG do 26 de xullo de 2011 publicáronse as convocatorias para o ingreso pola quenda libre na Xunta de Galicia:

30 prazas do Corpo Auxiliar (das cales resérvanse 3 prazas para ser cubertas por persoas con minusvalidez cun grao igual ou superior ao 33

15 prazas do Corpo de Xestión (das cales se reservan 2 prazas para ser cubertas por persoas con minusvalidez cun grao igual ou superior ao 33%)

20 prazas do Corpo Superior (das cales se reservan 2 prazas para ser cubertas por persoas con minusvalidez cun grao igual ou superior ao 33%).

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, polo tanto finaliza o día 16 de agosto de 2011.

 

IDADE E TITULACIÓN

Idade: Ter cumprimentos 16 anos de idade e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa establecida en 65 anos.

Titulación:

Corpo Superior: Estar en posesión ou en condicións de obter o título de Licenciado, Arquitecto ou Enxeñeiro, ou o título equivalente.

Corpo de Xestión: Estar en posesión ou en condicións de obter o título de Diplomado Universitario, Enxeñeiro Técnico, Arquitecto Técnico ou equivalente.

Corpo Auxiliar: Estar en posesión ou en condición de obter o título de graduada/ou en educación secundaria obrigatoria (Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación), graduada/ou en educación secundaria (Lei 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo), graduada/ou escolar ou técnica/ou auxiliar (Lei 14/1970, do 4 de agosto ou, xeneral de educación e financiamento do reforma educativa) ou bacharelato elemental (plan 1957).

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario