CSI●F JUSTICIA INFORMA
Ministerio de Educación
Convócanse, en réxime de concorrencia competitiva, 4 bolsas de formación no Instituto de Avaliación.
O obxecto da bolsa é a formación en avaliación e estatística educativa, tanto na súa dimensión teórica coma a través da súa participación e colaboración nas tarefas que lle sexan encomendadas nas unidades administrativas onde se realice o seu proceso de formación.
As bolsas de formación terán unha duración de seis meses, dende o 1 de xullo ao 31 de decembro de 2011. Prorrogables ata un máximo de 36 meses.
Poderán solicitar a bolsa de formación aquelas persoas que reúnan os seguintes requisitos:
a) Ter nacionalidade española, ou dalgún outro Estado membro da Unión Europea con perfecto dominio da Lingua española e residencia en España no momento da súa incorporación ao desfrute da bolsa.
b) Estar en posesión de título universitario superior, obtido con posterioridade ao 1 de xaneiro do ano 2006. Os títulos obtidos fóra de España deben estar homologados oficialmente.
Cumprimentación de solicitudes: Os que, reunindo as condicións esixidas, desexen acceder a esta convocatoria deberán formular a súa solicitude mediante o formulario de inscrición que será accesible por vía telemática a través da sede electrónica do Ministerio de Educación https://sede.educacion.gob.es, sección «Trámites e Servizos» e unha vez aí «Becas, axudas e Subvencións».
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, a contar dende o día seguinte á publicación desta Orde no «Boletín Oficial do Estado». BOE 13-06-2011.
Para obter a información sobre o estado de tramitación do procedemento, os interesados poderán dirixirse á Oficina de Información e Atención ao Cidadán (rúa Alcalá, 36, baixo. Madrid). O expediente identificarase polo nome, apelidos e DNI do solicitante. Igualmente, poderá realizarse o seguimento da tramitación das solicitudes a través da sede electrónica do Ministerio https://sede.educacion.gob.es a través do enlace «Trámites e servizos».
Dotación económica para o 2011.
1. O presuposto global máximo destinado ás 4 bolsas ascende a 24.900 euros..
2. A dotación íntegra dos seis meses de formación será de 6.162 euros e distribuirase en seis mensualidades por importe de 1.027 euros cada unha. O aboamento realizarase dentro do mes seguinte ao vencemento, non admitíndose a realización de pagamentos anticipados nin aboamento a conta. Estas cantidades estarán suxeitas ás retencións que procedan.
Tipos de bolsas e criterios xerais de valoración de méritos:
· Tipo de bolsa 1: Xestión de proxectos educativos nacionais.
Número de bolsas: 2.
Unidade Administrativa: Instituto de Avaliación.
Requisitos de titulación por orde de prioridade:
Licenciatura en Socioloxía e Ciencias Políticas e da Administración.
Coñecementos específicos e idoneidade ao posto:
Expediente académico.
Coñecementos de ferramentas informáticas orientadas á avaliación.
Coñecementos de linguas estranxeiras.
· Tipo de bolsa 2: Avaliación e análise de datos.
Número de bolsas: 2.
Unidade Administrativa: Instituto de Avaliación.
Requisitos de titulación por orde de prioridade:
Licenciatura en Pedagoxía, Psicoloxía, Psicopedagoxía, Socioloxía, Matemáticas, Económicas, Informática e Estatística.
Coñecementos específicos e idoneidade ao posto:
Expediente académico.
Coñecementos estatísticos.
Coñecementos de ferramentas informáticas orientadas á avaliación.
Coñecementos de inglés.
No hay comentarios:
Publicar un comentario