CSI●F JUSTICIA INFORMA
BOLSAS PARA PRÁCTICAS PROFESIONAIS NA UE.
PROGRAMA LEONARDO 2011-2012
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, da Consellería de Traballo e Benestar, pormove bolsas para facer prácticas en empresas estranxeiras:
§ Entre os mozos galegos, residentes en Galicia.
§ Con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos.
§ No mercado laboral, con titulación FP ou con título universitario obtido recentemente.
§ Que coñeza como mínimo o idioma do país de destino.
Proceso de inscrición: (Pode solicitarse maís dun país poñendo orde de preferencia):
§ Existen unas datas de envío de solicitude para cada período de estancia.
§ Enviar o Curriculum Vitae recenté (modelo no documento anexo de cada convocatoria).
§ Cubrir a solicitude de participación np proceso de selección (anexo de cada convocatoria).
§ Asistir á xornada de selección o día e hora que se comunique a cada solicitante.
Proceso de selección:
§ Todas as persoas solicitantes serán convocadas mediante correo electrónico a una xornada selectiva na que Terán que facer una proba de idioma para os países nos que solicita una bolsa.
§ Entrevista persoal de coñecemento de preferencias e itinerario laboral/profesional de cada solicitante.
Para cando: (fechas aproximadas)
§ 3 outubro-23 decembro 2011 (enviar solicitudes do 17 ao 30 xuño 2011)
§ 9 xaneiro- 24 marzo 2012 (enviar solicitudes do 3 ao 14 outubro 2011).
Que se ofece:
§ 10 semanas de prácticas nunha empresa de Italia, Holanda, Francia ou Irlanda.
§ 2 semanas (40 horas) de preparación cultural e lingúistica do idioma do país destino.
§ Aloxamento no país destino
§ Viaxe custo real ata un máximo de 200€.
§ Cobertura de seguro mínima.

No hay comentarios:
Publicar un comentario