CSI●F JUSTICIA INFORMA
100 bolsas para a Aula de Verán "Ortega e Gasset" Universidad Internacional Menéndez Pelayo 2011
O obxecto desta orde é a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, de 100 bolsas para a Aula de Verán «Ortega e Gasset», organizada pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo.
Requisitos: Ter finalizado o último curso do bacharelato ou do ciclo formativo superior durante o ano 2011; acreditar unha nota media igual ou superior a 9,30 puntos sobre 10 nos dous cursos do bacharelato e dos ciclos formativos de grao superior do vixente plan de estudos.
Dotación: Os alumnos seleccionados recibirán unha bolsa que cubrirá os seguintes gastos:
a) Aloxamento e manutención, en réxime de pensión completa, nas dependencias da UIMP durante as datas de celebración da Aula.
b) Gastos de desprazamento dos asistentes dende o seu punto de orixe ata Santander, e regreso, ata un máximo de 200 euros para os desprazamentos dentro da Península e de 250 euros para os alumnos procedentes das Comunidades Autónomas das Illes Balears e de Canarias e das Cidades de Ceuta e Melilla. O pagamento dos gastos de desprazamento farase efectivo mediante cheque bancario no momento da incorporación do alumno á Aula en Santander. Para tales efectos, e como condición indispensable, o alumno deberá achegar os xustificantes orixinais de todos os gastos de desprazamento para que a UIMP poida proceder ao seu aboamento.
c) Os gastos de desprazamento, entradas a monumentos, etc., derivados das actividades de ocio previstas no programa.
Duración: A Aula organizarase na UIMP, en Santander, en dúas sesións. A primeira, do 13 ao 19 de agosto, e a segunda, do 20 ao 26 de agosto, ambas as dúas de 2011. En cada unha das sesións participarán 50 alumnos.
Prazo de presentación:
Desde: 13 de maio de 2011
Hasta:
Alumnos de Bacharelato, 17/06/2011
Alumnos de Ciclo Formativo de Grao Superior: 24/06/2011
Convocatoria:
Data de publicación: 12 de maio de 2011
Solicitude:
A solicitude cumprirase no formulario accesible a través da Sede Electrónica do Ministerio de Educación na dirección https://sede.educacion.gob.es
Documentación requirida:
Unha vez debidamente cumprido o formulario en todos os seus apartados a través dos medios telemáticos habilitados para iso e confirmado o envío telemático da solicitude, deberase imprimir o formulario de solicitude e presentalo asinado xunto cos seguintes documentos:
a) Certificado académico, emitido polo centro no que realizase os seus estudos de bacharelato ou ciclo formativo de grao superior de formación profesional, no que consten expresamente as notas de todas as materias dos dous cursos, así como a nota media final dos dous cursos, con dous decimais. O centro que emita o certificado deberá calcular esta nota media final con dous decimais e evitar o redondeo automático da nota, tanto á alza como á baixo. A omisión deste dato supoñerá a desestimación da solicitude. Para os efectos do cálculo da nota media, non deberá computarse a nota da materia de Relixión, tal e como establece a normativa vixente.
b) Fotocopia do Documento Nacional de Identidade, ou o seu equivalente no caso de cidadáns da Unión Europea, e tarxeta de residente en vigor para os cidadáns de países non comunitarios. Os estudantes estranxeiros non comunitarios que non estean en posesión do NIE, deberán achegar copia do pasaporte e acreditación de domicilio en España mediante inscrición no padrón municipal.
c) Autorización dos pais ou titores dos alumnos que sexan menores de idade na data de presentación da solicitude, para que estes poidan participar na Aula, tanto nas actividades académicas coma nas de ocio e tempo libre previstas no programa. O formulario de autorización estará igualmente accesible a través da Sede Electrónica do Ministerio de Educación na dirección https://sede.educacion.gob.es
Lugar de entrega:
As solicitudes deberán presentarse ben directamente na Subdirección Xeral do Profesorado e Innovación Docente da Dirección Xeral de Política Universitaria do Ministerio de Educación, na rúa Ramírez de Arellano, 29 -6. ª planta sur, ben por calquera dos procedementos establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.
Máis información sobre este trámite ou servizo:
Teléfono: 91 603 80 37
Dirección de correo: aula.verano@educacion.es

No hay comentarios:
Publicar un comentario