SELECCIÓN DE 40 PRAZAS PARA LIMPEZA DE PRAIAS NO CONCELLO DE SANXENXO.
Selección e contratación laboral temporal polo sistema de oposición para o reforzo do Servizo de limpeza de praias do Concello de Sanxenxo durante a tempada de verán, dende o 1 de xullo o 31 de agosto.
A retribución será de 565,20 euros brutos/ mes por tódolos conceptos.
Estableceranse dúas quendas de traballo semanal, unha quenda de traballo de semana (Luns a Xoves) e outra quenda de traballo de fin de semana ( de Venres a Domingo).
As instancias solicitando tomar parte do proceso selectivo dirixiranse á Sra.Alcaldesa do Concello de Sanxenxo, presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de 9:00 á 13:00 horas, excepto o sábado ata as 12:00 horas, dende o venres 13 de maio ata o luns 23 de maio de 2011, ambos inclusive.
Xuntarase o modelo de instancia, debidamente cumprimentada e que se pode recoller no Concello ou na página web:
· Fotocopia de D.N.I.· No seu caso, fotocopia do certificado oficial acreditativo do coñecemento da lingua galega.
No hay comentarios:
Publicar un comentario