CSI●F JUSTICIA INFORMA
No BOE do 6 de abril de 2011 publicouse a convocatoria de 29 prazas de persoal funcionario e persoal laboral no Concello de Vigo, entre as que destaca 11 prazas de Subalterno (resérvanse 2 prazas para persoas con minusvalidez) e 3 prazas de Administrativo da Administración xeral (resérvase 1 praza para persoas con minusvalidez), a cubrir pola quenda libre, polo sistema de oposición.
O prazo de presentación de instancias finaliza o próximo día 26 de abril de 2011.
As bases xerais e específicas foron publicadas no DOG do 17 de novembro de 2010.
IDADE E TITULACIÓN
Idade: Ter cumprido 16 anos de idade e non exceder a idade establecida como máxima para o ingreso nun corpo ou escala, así como non exceder, se é o caso, a idade máxima de xubilación forzosa.
Titulación: Para Subalternos esíxese estar en posesión do certificado de escolaridade ou equivalente e para Administrativos estar en posesión do título de bacharelato superior, FP II, técnico ou equivalente.
SOLICITUDES:
As instancias dirixiranse ao alcalde-presidente do Concello de Vigo, e presentaranse no rexistro xeral. A instancia conterá, polo menos, os datos persoais do/da solicitante, dirección, número de teléfono fixo/móbil, dirección de correo electrónico e a denominación da praza convocada á que opta, presentando unha copia compulsada do DNI e xustificación do pagamento dos dereitos de exame.
Os modelos normalizados de solicitude estarán a disposición dos/as solicitantes no Servizo de Información situado na planta baixa do Concello de Vigo e na páxina web municipal www.vigo.org
CONVOCADAS 29 PRAZAS DE
FUNCIONARIOS E PERSOAL LABORAL
CONCELLO DE VIGO

No hay comentarios:
Publicar un comentario