Páginas

Google Website Translator Gadget

miércoles, 6 de abril de 2011

Os Axentes de Emprego do CSI-F de Pontevedra envían Resumo do Programa de Promoción do Emprego Autónomo da Consellería de Traballo e Benestar.

 CSIF               JUSTICIA INFORMA

Resumo Programa de Promoción do Emprego Autónomo da Consellería de Traballo e Benestar.

NOTA IMPORTANTE: Este documento é un resumo do contido da Orde do 17 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de Promoción do Emprego Autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo , e se procede a súa convocatoria para o ano 2011. O resumo de dita Orde está suxeito á interpretación do seu autor e non inclúe toda a información recollida nesta polo que se recomenda consultar a citada publicación oficial no DOG do venres 17 de marzo de 2011.
Qué é?



É unha subvención a fondo perdido para axudarte a iniciar a actividade como autónomo. Ten varias liñas de axuda para certas inversións ou gastos: 
Se te das de alta como autónomo, facendo unha inversión mínima establecida.
Se pides un préstamo para as túas inversións, cumprindo coa mesma inversión mínima.
Se fas certas compras necesarias para a actividade.
Se fas unha primeira contratación de persoal con contrato indefinido.
Se precisas contratar asistencia técnica profesional para iniciar a actividade.
Se precisas formación.


Recibo o diñeiro antes de facer as inversións ou os gastos?
Non, primeiro debes de dispoñer de cartos (ben propios ou ben prestados), facer a inversión ou realizar o gasto e presentar as facturas pagadas ante a Xunta.

Tardo moito en cobrar?
Segundo as convocatorias anteriores o tempo de cobro dende que se solicita vai dende os 10 meses a algo máis de un ano, aproximadamente. O tempo dende a solicitude ata que se confirma a resolución pode tardar ata 6 meses ao que hai que engadir o tempo para o cobro.

Se pides un préstamo para deberías de ter en conta a posibilidade de amortizar parte del en caso de cobrar a subvención, polo que convén mirar se hai comisións por amortización anticipada.

Cánto se cobra?
O veremos en cada liña de axuda.

Quen a pode pedir?
En xeral, aínda que existen condicións máis concretas:
Debes de ser demandante de emprego.
Require tamén que non estiveras dado de alta como autónomo nos 6 meses anteriores na mesma o similar actividade ou nos tres meses anteriores se se trata de outra actividade á que se vai a desempeñar agora.
Podes ser autónomo, ou ben autónomo que sexasocio dunha comunidade de bens ou sociedade civil. En ningún caso son candidatos á subvención os autónomos que formen parte dunha SL ou doutra sociedade mercantil cando se solicite a inversión para esta.

A que me comprometo se ma conceden?
Existen diversos requisitos a nivel xeral, dos que destaco os máis relevantes:
Manter a actividade durante polo menos 3 anos.
Xustificar o cumprimento de todos os requisitos sobre a xustificación dos pagos e da realización das inversións.
Comunicar á Xunta calquera modificación das condicións relevantes para a concesión da subvención.
Colaborar na comprobación do cumprimento das obrigacións cando a Xunta o requira e conservar os documentos relevantes durante 3 anos.
Manter durante 2 anos a forma xurídica pola cal se lle concedera a axuda.
A consecuencia do incumprimento podería ser a devolución da subvención cobrada.

Podo solicitar varias liñas de axuda á vez?
Si, podes solicitalas, sempre que cumpras cos requisitos de cada unha delas. O que non podes facer é solicitar a subvención por un mesmo elemento de inversión, gasto, etc. en dúas liñas distintas.


Cando se solicita?
A data límite en xeral é o 30/09/11.
En particular tes un mes desde a solicitude de alta coma autónomo na Seguridade Social ou, no caso da subvención por contratación indefinida, o límite de dous meses conta dende a data de alta na que se inicie a relación laboral. En tódolos casos debe de respetarse o límite xeral do 30/06.

OLLO, UN CASO ESPECIAL: As actuacións subvencionables que realizaras dende o 01/07/2010
e ata o 17 de marzo de 2011 pódense acoller á axuda aínda que pasaran xa o mes dende a solicitude de alta na Seguridade Social. O prazo para este tipo de solicitudes remata o 29/04/2011.


Liña 1: Subvención polo establecemento como traballador/ autónomo/ a ou por conta propia.

A inversión que hai que facer:
Debes de facer unha inversión en inmovilizado de polo menos 3000€, sen contar o IVE.
O inmovilizado é, simplificando, aqueles elementos da empresa que non están destinados á venda e duran máis dun ano nela. Por exemplo: unha mesa, unha máquina, un local, un vehículo... tamén contan os traballos feitos para o inmovilizado, como a reforma dun local.
E tamén existe o inmovilizado intanxible, que son os elementos inmateriais do inmovilizado como un dereito de explotación, un dereito de traspaso, o canon dunha franquía, unha patente...que non se deben de confundir con elementos financeiros. Tamén é inmovilizado intanxible o traballo feito para acondicionar un local en aluguer.

Cando a fago?
Debes de facela entre os 3 meses antes de solicitar a alta coma autónomo e os 6 meses posteriores.

Cómo demostro que fixen o pagamento?
Os investimentos xustifícanse con facturas e documentos bancarios que acrediten o pagamento.

Canto cobro?
5000€ para desempregados en xeral
6000€ para desempregados menores de 30 aos
7000€ para mulleres desempregadas.
7500 para emigrantes retornados, traballadores procedentes de empresas en crise, desempregados de longa duración, e persoas desempregadas que esgotasen a prestación por desemprego.
8000€ para desempregados con discapacidade ou pertencentes a colectivos en risco de exclusión social.
10000€ para mulleres desempregadas con discapacidade ou en risco ou situación de exclusión social.

Cando se solicita?
No prazo de 1 mes dende a solicitude de alta na Seguridade Social e co límite xeral do 30/09/2011, aínda que non transcorrese ese tempo.
Qué fases hai na concesión da axuda?
Primeiro se solicita, despois a Consellería comunica a resolución da concesión e finalmente se recibe o pago.

Liña 2: Subvención financeira.

Consiste,na percepción do equivalente á redución, de ata 4 puntos, do tipo de xuro correspondente aos préstamos necesarios para iniciar a actividade sempre que , como mínimo , o 75% do préstamo se destine a financiar investimentos en inmovilizado segundo as condicións da liña 1:
Mínimo de 3000€ e a inversión feita entre os 3 meses anteriores e os 6 posteriores á solicitude de alta na Seguridade Social.
Cando se trate de microcréditos como, por exemplo, os do ICO, concedidos a persoas con discapacidade, entre outros colectivos (emigrantes retornados, persoas desempregadas de longa duración, persoas pertencentes a colectivos en risco de exclusión social...) a subvención poderá ser o custo total dos gastos financeiros, cos límites que indicamos máis abaixo.
Peculiaridades: Non se admiten bens usados (salvo en traspasos) nin, no caso do sector do transporte, vehículos de transporte de mercadorías.

Vale calquera banco?
Non, só os que teñan convenio coa Consellería de Traballo.

Cando debe estar formalizado o contrato de préstamo?
Dende os 3 meses anteriores ao inicio da actividade –alta como autónoma/o- e ata o 30 de setembro de 2011. Tamén pode ser o caso de que se especifique un prazo distinto, o que se comunicaría na resolución da concesión da axuda.

Canto cobraría?
O importe dos gastos financeiros, en caso de persoas con discapacidade ou o equivalente a reducir o tipo de xuro en 4 puntos se a persoa non ten discapacidade, ata os seguintes límites:
5000€ para desempregados en xeral
6000€ para desempregados menores de 30 aos
7000€ para mulleres desempregadas.
7500 para emigrantes retornados, traballadores procedentes de empresas en crise, desempregados de longa duración, e persoas desempregadas que esgotasen a prestación por desemprego.
8000€ para desempregados con discapacidade ou pertencentes a colectivos en risco de exclusión social.
10000€ para mulleres desempregadas con discapacidade ou en risco ou situación de exclusión social.


Cando se solicita?
No prazo de 1 mes dende a solicitude de alta na Seguridade Social e co límite xeral do 30/09/2011, aínda que non transcorrese ese tempo.

Liña 3: Axuda excepcional
Que é?
Subvenciónanse os gastos pola compra de mercadorías, materias primas e outros aprovisionamentos, gastos de constitución, publicidade, arrendamento de local, de maquinaria, de equipamentos informáticos e seguros do local. Para o cómputo dos importes non se ten en conta o IVE.

Os gastos teñen que estar realizado no prazo de 3 meses antes a 6 despois da solicitude de alta coma autónomo.

Os gastos xustifícanse con facturas e documentos bancarios que acrediten o pagamento. A xustificación debe de realizarse ata o 31/10/2011 ou no prazo que se indique na resolución de concesión da axuda.

Canto recibiría?
A contíamáxima é a seguinte:
2000€ nos seguintes casos:
Persoas desempregadas de 30 anos ou menos.
Mulleres desempregadas.
Persoas desempregadas de 45 ou máis anos de ideade.
Persoas traballadoras demandantes do primeiro emprego.
Persoas desempregadas que rematen o seu itinerario personalizado de inserción nunha ocupación directamente relacionada no seu contido
coa actividade empresarial.
Nos casos anteriores os traballadores autónomos ou profesionais que teñan o seu domicilio fiscal nun concello rural terán un incremento na contía máxima de 1000€.

Traballadores autónomos e profesionais cando a actividade empresarial ou profesional teña o seu domicilio fiscal nun concello rural.

3600 para os seguintes colectivos:
Persoas con discapacidade.
Persoas desempregadas de longa duración e/ou aquelas que esgotasen a prestación por desemprego.
Persoas desempregadas pertencentes a algún colectivo en risco ou en situación de exclusión social.

Cando se solicita?
No prazo de 1 mes dende a solicitude de alta na Seguridade Social e co límite xeral do 30/09/2011, aínda que non transcorrese ese tempo.


liña 4: Subvención pola primeira contratación indefinida.
  
Que é?

Esta liña de axuda está pensada para o caso en que se contrate a unha persoa desempregada de forma indefinida ou cando se transforme un contrato temporal en indefinido.
O contrato pode ser a tempo parcial, incluída a modalidade de fixo descontinuo.
Debe de manterse á persoa no cadro de persoal fixo por 2 anos como mínimo.


Canto recibiría?
4000€ pola contratación indefinida dunha persoal desempregada en xeral.
5000 se é un desempregado de 30 ou menos anos.
5600 se é unha muller desempregada de 30 anos ou menos.
6000 pola contratación dunha persoa desempregada que esgotase a prestación por desemprego ou sexa desempregada de longa duración ou que sexa emigrante retornada ou cando a persoa desempregada teña unha discapacidade ou pertenza a colectivos en risco ou situación de exclusión social.
2000€ pola transformación dun contrato temporal en indefinido. Esta contía será de 2500€se o traballador ten 30 ou menos anos e de 3000€ se é muller.



IMPORTANTE: Fíxase un límite polo que a contía da axuda non poderá superar o equivalente ao  60% dos custos salariais totais de dúas anualidades da persoa traballadora contratada.

Cando ten que realizarse o contrato ou a transformación de contrato?
A data de inicio debe de estar comprendida entre o 1 de xullo de 2010 e o 30 de setembro de 2011, ambas datas incluídas.



Cando se solicita?

No prazo de 1 mes dende a alta en que se inicie a relación laboral e co límite xeral do

30/09/2011.





Liña 5: Subvención para asistencia técnica.



Que é?
Créase para financiar parte do custe da contratación, durante a posta en marcha da empresa os servizos externos necesarios para desenvolver a actividade empresarial así como para realizar os estudos de viabilidade e outros similares.
Deberá de acreditarse a necesidade desa asistencia na solicitude

Canto se percibe?
O 75% do custo a ta un máximo de 1000€.


Liña 6:Subvención para formación.

Que é?
Fináncianse parcialmente os cursos relacionados coa dirección e xestión empresarial e as novas tecnoloxías.



Canto se percibe?
O 75% ata un máximo de 3000€.


No hay comentarios:

Publicar un comentario