Páginas

Google Website Translator Gadget

lunes, 28 de junio de 2010

O CSIF pídelle a Feijóo que recorte todas as subvencións

Xornal.com noticia


A Unión Autonómica da Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF-Galicia) pídelle aXunta de Alberto Núñez Feijóo un "recorte de todas e cada unha das subvencións e axudas públicas que vaia aprobar ou concertar o Goberno galego, tanto as dirixidas ás organizacións sindicais como as que estean destinados a outros beneficiarios". O presidente da Unión Autonómica de Galicia, José Francisco Méndez, "consciente da grave situación de crise económica que está a afectar ao conxunto do Estado español", ven de presentar ao Goberno de Galicia os escritos correspondentes coa súa proposta.

A documentación referida foi enviada ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijó; ao conselleiro de Presidencia, Administración Pública e Xustiza, Alfonso Rueda; á conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, e á conselleira de Traballo, Beatriz Mato, para que estuden e atendan unha proposta destinada a reducir o gasto público na comunidade autónoma, tal e como onte recomendou o gobernador do Banco de España, Miguel Ángel Fernández Ordoñez, e a titular do Ministerio de Economía e vicepresidenta segunda, Elena Salgado. A petición que José Francisco Méndez elevou á Xunta de Galicia deixa claro que a redución do 5% en axudas e subvencións ten que afectar a todos os beneficiarios, con unha salvedade: "A única exclusión do recorte do 5% serán as axudas que teñan como beneficiarios persoas ou grupos sociais marxinados ou claramente desfavorecidos".
Os funcionarios foron os primeiros en sufrir as consecuencias da crise económica, xa que o Goberno de Núñez Feijóo aprobou o recorte do 5% do seu salario dentro das medidas que a Unión Europea obligou a tomar a José Luis Rodríguez Zapatero para recortar o déficit público ata deixalo nun 6% no 2011. Na actualidade, o déficit é dun 11,2% do PIB. España terá que rebaixalo ao 3% no 2013.

No hay comentarios:

Publicar un comentario