Páginas

Google Website Translator Gadget

sábado, 15 de mayo de 2010

Sempre pagan os mesmos - OPINION - Hoxe en Xornal de Galicia 1 Diario Dixital de Galicia

Sempre pagan os mesmos - OPINION - Hoxe en Xornal de Galicia 1 Diario Dixital de Galicia:

As medidas anunciadas polo Presidente do Goberno, incumpren os acordos asinados en setembro de 2009, que pretendían mellorar os servizos públicos e nos que empregados públicos aceptabamos a moderación salarial a pesares de que nos últimos dez anos a perda do poder adquisitivo foi do 8%.



É manifestamente inxusto que as culpas, os custes da crise e das políticas de dilapidación e malgasto das administracións publicas volvan a caer sobre os seus empregados. Dos 5.000 millóns de euros de recorte en 2010 pretende que 3.500 millóns sexan asumidos polos empregados públicos.


Dende a Central Sindical Independente e de Funcionarios CSI·F entendemos que a primeira medida a tomar polo goberno debe ser a loita contra a fraude fiscal, que no noso país alcanza taxas escandalosas entre o 20 e o 25% do PIB, o dobre que a media da Unión Europea, estamos a falar dunha fraude de entre 54.600 e 70.000 millóns de euros. No ano 2009 a acción inspectora permitiu recadar 8.119 millóns de euros, un 0,8% máis que o ano anterior. Un de cada catro billetes de 500 euros que circula na Unión Europea está en España. É inmoral que os empresarios españois declaren que gañan 6.000 euros menos que os seus traballadores.


A sociedade española non pode entender que as familias tributemos a Facenda unha media do 18% dos ingresos, e as grandes fortunas españolas a través das Sicav tributen tan só o 1% dos seus beneficios. O recente acordo acadado polas administracións sanitarias permitiu crear unha “Central de Compras”, para realizar as compras de material sanitario de xeito centralizado e con absoluta transparencia, estimándose un aforro con esta medida de 3.000 millóns de euros. Xeneralizar a centralización das adquisicións de bens e equipos con concursos públicos xeraría un importante aforro e evitaría corruptelas e pago de comisións.


A redución dos ministerios, das consellarías, dos altos cargos e sobre todo das decenas de miles de asesores cos que en moitos casos se encobre os salarios de traballadores dos partidos políticos xunto coa eliminación da Administración paralela, que escapa a todo control da xestión, suporía un importante aforro nas arcas públicas. Outra medida de axuste podería ser a revisión de todas as subvencións, que soamente na Administración Central alcanzan os 300.000 millóns de euros, ao que hai que sumar as comunidades autónomas, deputacións, concellos, etc.


Cremos que estas e outras medidas para combater o malgasto dos cartos públicos, son as que contribuirán a saír da crise. Parécennos totalmente amorais as voces que dende os medios e organizacións vencelladas ás entidades financeiras, que están a consumir inxentes recursos públicos para evitar a súa quebra, se pida a redución dos servizos públicos que garanten as liberdades e dereitos dos cidadáns. As medidas tomadas, de castigar aos máis débiles como os pensionistas e aos empregados públicos, moitos deles mileuristas, non contribúen a saír da crise


O incumprimento dos acordos acadados, resta toda credibilidade a este Goberno no momento que esta e mais necesaria abonando o campo da conflitividade social.

No hay comentarios:

Publicar un comentario