Páginas

Google Website Translator Gadget

jueves, 29 de abril de 2010

PARADA DE MINERVA EN GALICIA DE 30/04/2010 15:00 A 04/05/2010 08:00


CSI.F                JUSTICIA INFORMA


DISTRIBUCIÓN DE MINERVA NOX EN GALlCIA
Bos días,
Con motivo da entrada en vigor da nova oficina xudicial o vindeiro 4 de maio, cómpre facer un
cambio na aplicación de xestión procesual Minerva, cambio consistente na introdución dunha nova
versión que se vai denominar Minerva NOX e que vai soportar os novos esquemas de tramitación.

Esta nova versión require da realización dunha serie de actividades técnicas e de comprobacións
para o seu correcto despregamenlo:
1. Fundamentalmente, a NOX emprega un novo esquema de tramitación, o que implica o uso
de novos documentos. Alén disto, tamén hai unha serie de mellaras funcionais que serán postas
ao dispor de todos na intranet.
2. É necesario facer unha parada do sistema Minerva. 8 ó se interrompe Minerva; o resto dos
servizos, aplicacións, etc. funcionarán con total normalidade. A parada será desde o venres día 30
de abril ás 15:00 h ata o martes 4 de maio ás 8:00 h. Durante este período poñeranse á
disposición (isto é, poderase acceder a eles) os documentos de tramitación máis habituais, tal
como se fixo noutras ocasións, para que a partir do dia 4 se copien dentro de Minerva NOX.
3. A parada de Minerva supón que durante a súa duración non se vai poder acceder a ningún
dato. É por iso que se deben facer copias dos documentos ou da información que se pense que
vai ser necesaria para as actividades xudiciais comprendidas no período de parada do sistema.
Tal como se dixo no punto anterior, poñeranse á disposición os documentos de trámite máis
habituais.
4. O cambio de esquema de tramitación implica a convivencia dos documentos actuais cos novos
documentos. Os documentos ac1uais son válidos ata o día 3 de maio, mentres que os novos
entrarán en vigor a part ir do día 4. Como aclaración, convén indicar que se poderán seguir
tramitando a partir do día 4 de maio todos os asuntos rexistrados con anterioridade, utilizando os
documentos do esquema actual. É dicir, producirase unha convivencia de esquemas e
documentos de tramitación.
5. A versión Minerva NOX engade documentos novos, dos cales moitos deles hai que traducilos
ao galego. Os documentos traducidos iranse incorporando progresivamente á nova versión
Minerva NOX. Isto significa que o día 4 de maio estarán dispoñibles en castelán, e
progresivamente notificarase a dispoñibilidade de novos procedementos con documentos
en galego.


Para executar as taretas asociadas ao despregamento de Minerva NOX dispoñerase dun equipo
de soporte especial que traba liará durante o período de parada do sistema, polo que, en
caso de necesidade, poderase contactar co Servizo de Soporte utilizando os condutos
habituais (teléfono de soporte: 981 546 223; fax: 881 997 375; e correo electrónico:
soporte.xustiza@xunta.es).

De interes este post en relación con la parada coincidente en el Territorio Ministerio de Justicia y los documentos asociados al mismo

No hay comentarios:

Publicar un comentario