Páginas

Google Website Translator Gadget

martes, 9 de febrero de 2010

CURSOS PREPARATORIOS PARA OS CELGA NAS ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS

Publicouse no Diario Oficial de Galicia do 29 xaneiro a convocatoria dos cursos preparatorios para os certificados en lingua galega que se desenvolverán nas escolas oficiais de idiomas en 2010.

Son cursos gratuítos dirixidos a calquera persoa maior de dezaseis anos. A realización do curso non dará dereito a ningún tipo de certificación. Son só cursos preparatorios para as probas dos Celga que convoca todos os anos a Secretaría Xeral de Política Lingüística.


As solicitudes poderanse presentar, a partir do día seguinte ao da publicación da súa convocatoria (como xa se indicou, DOG do 29 de xaneiro), na propia escola oficial de idiomas onde vai ter lugar o curso.


Para consultar as datas e a relación dos cursos ofertados,
así como tamén para imprimir a solicitude, prema na seguinte ligazón:


Enlace relación de cursos y solicitud

No hay comentarios:

Publicar un comentario