Remitimos, para o voso coñecemento, a seguinte información que se vai a publicar na intranet, sobre o novo módulo de permisos,licenzas e vacacións.
NOVO MÓDULO DE PETICIÓN PERMISOS/LICENZAS/VACACIÓNS
No día de hoxe entra en funcionamento un novo módulo para a solicitude, xestión e anulación dos permisos, licenzas e vacacións. Con este cambio, a petición de todos eles se fará a través do apartado persoal da oficina virtual, e na maioría dos casos, a tramitación pasa a ser completamente electrónica, como xa viña sucedendo coas vacacións e asuntos particulares. Esta tramitación electrónica esténdese igualmente, a anulación de solicitudes xa concedidas e a aportación da documentación xustificativa necesaria para cada caso.
Na axuda dispoñible poderá ser consultado o manual do usuario, onde resolver calquera dúbida sobre a tramitación. Á súa vez, para cada un dos casos, habilitouse unha ficha na que consultar a información xeral básica, a forma de xustificación, a normativa reguladora e o órgano competente para súa resolución.
Debido á posta en marcha desta nova versión do programa, no día de hoxe pode haber problemas para o acceso á OPAX a través do enlace habitual, problema que se atalla temporalmente, escribindo directamente na barra de enderezos: opax.xunta.es
SALUDOS
PRIMERA FUERZA SINDICAL EN JUSTICIA A NIVEL NACIONAL
Central Sindical Independiente y de Funcionarios — Sector Justicia
c/ Fernando el Santo, nº 17, 2ª 28010 MADRID
Teléfono: 91 567 44 69 y 91 567 59 91
web: http://www.csi-f.es/sector/administracion-justicia/ambito/nacional
correo electrónico: justicia@csi-f.es
No hay comentarios:
Publicar un comentario