CSI●F JUSTICIA INFORMA
MESA TÉCNICA 05/06/2013
3 DÍAS DE LIBRANZA
Como continuación da Mesa Sectorial do pasado día 28 de maio, onde se lograron os 3 días de libranza por acumulación de horas traballadas o conseguir darlle una nova redacción o artigo sobre as compensación horarias, no que se establecía que se podía compensar no mes seguinte ata un máximo de un 10% suprimindo o limite do 10% e posibilitando a súa acumulación, hoxe tivo lugar unha Mesa Técnica para ver o seu encadre na aplicación informática.
Nesta Mesa desenrolamos o acordo asinado por CC.OO, USO, UGT, CSI-F, CIG e a Administración, sendo os aspectos máis salientables os seguintes:
● Para alcanzar os 3 días de libranza os funcionarios, de xeito voluntario, poderán acumular o tempo traballado que exceda das sete horas diarias, en computo mensual, nunha bolsa, que se poderá empregar a partir do mes de xullo, ben para reducir o horario flexible, ou ben cando se xunten 7 horas e media, pedir un día de libranza, ata un maximo de 3 ao ano.
● Os días de libranza equipararanse aos días de asuntos particulares, é dicir:
○ Poderánse acumular aos días soltos de vacacións e asuntos particulares.
○ Poderánse desfrutar ata o 31 de Xaneiro do ano seguinte.
● No verán non se poderá acumular horario flexible, pois xa temos horario reducido. De xeito excepcional este ano logramos que a Administración permita acumular horario flexible dende o 1 de xuño ata o 30 de xuño e do 1 de setembro ata o 30 de setembro.
PERMISOS, LICENZAS E HORARIO
● Aínda que non está publicada a nova resolución que regulamenta os permisos, licenzas e vacacións, xa se poden solicitar os mesmos, entre outros;
○ Permiso por ingreso hospitalario ou, enfermidade por días soltos e no prazo dun mes.
○ Permiso retribuído dun máximo de 30 días por enfermidade moi grave dun familiar primeiro grao.
○ 7 días de vacacións de xeito independente.
○ 4 días de asuntos particulares.
○ Flexibilización do horario fixo
● No horario de verán o horario fixo da xornada poderá facerse dende as 8.30 horas fronte as 9.00 que estaba ata o de agora.
HOJA INFORMATIVA MESA TÉCNICA 05/06/2013
SALUDOS
PRIMERA FUERZA SINDICAL EN JUSTICIA A NIVEL NACIONAL
c/ Fernando el Santo, nº 17, 2ª 28010 MADRID Teléfono: 91 567 44 69 y 91 567 59 91 web: www.csi-f.es/justicia correo electrónico: justicia@csi-f.es
No hay comentarios:
Publicar un comentario