Páginas

Google Website Translator Gadget

martes, 2 de abril de 2013

CONSULTA DO BORRADOR DO IRPF PARA EMPREGADOS PÚBLICOS DA XUNTA DE GALICIA

CSIF      JUSTICIA      INFORMA

Imágenes integradas 1

COMUNICADO DA DIRECCIÓN DA AXENCIA TRIBUTARIA DE GALICIA  


CONSULTA DO BORRADOR  DO IRPF PARA EMPREGADOS PÚBLICOS DA XUNTA DE GALICIA



A  Xunta  de  Galicia,  a  través  da  Axencia  Tributaria  de  Galicia,  entidade  adscrita  á  Consellería  de  Facenda,  e  á  Axencia  Estatal  de Administración Tributaria (AEAT) veñen actuando de forma conxunta na mellora dos servizos de axuda ao contribuínte, especialmente no ámbito do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF), para o cal considera de grande interese a utilización das novas tecnoloxías.



Nesta liña, a Consellería de Facenda ten asinado un protocolo de actuación coa AEAT, co obxecto de instrumentar un procedemento de consulta telemática  do borrador do IRPF polos empregados da Comunidade  Autónoma  de Galicia a través dos seus servizos web. Así mesmo, cando a AEAT careza da información necesaria para a elaboración do borrador de declaración visualizaranse os datos fiscais dispoñibles do exercicio que poidan facilitar ao consultante a confección da declaración do Imposto.



Este procedemento de consulta permite anticipar a dispoñibilidade da información aos contribuíntes interesados, constituíndo, polo tanto, un beneficio para os empregados da Comunidade Autónoma, considerándose como tales, a estes efectos, os que o fosen ao longo do exercicio ao que se refire o borrador (ou os datos fiscais) e manteñan a súa condición no momento de efectuar a consulta articulada polo presente sistema.



O acceso á consulta do borrador de declaración ou os datos fiscais realizarase a través da Oficina Virtual do Empregado Público (OVEP) na seguinte dirección web:

www.conselleriadefacenda.es/OVempregado



En consecuencia, para a realización da consulta é preciso estar dado de alta como usuario rexistrado na Oficina Virtual do Empregado

Público ou dispoñer de certificado dixital de persoa física recoñecido ou certificado de empregado público da Xunta de Galicia.

O documento explicativo do procedemento a seguir para a consulta do borrador do IRPF poderase descargar en calquera intre dende a oficina ou dende o enlace:



www.conselleriadefacenda.es/documentos/Guia-rapida-borrador-IRPF.pdf

 



Resulta de suma importancia deixar claras as implicacións deste sistema de consulta:



1º.- A consulta realízase mediante servizos web da Xunta de Galicia e da AEAT, polo que o acceso é directo dende o terminal usado polo empregado público ao servidor da AEAT. Isto significa que en ningún caso a Xunta de Galicia ten acceso aos datos e documentos facilitados pola AEAT ao empregado público.



2º.- O sistema de consulta é equivalente ao que puidera realizar o empregado público na sede electrónica da AEAT empregando un certificado dixital. Polo tanto, a vantaxe  que proporciona este sistema de consulta consiste en que o control de acceso á consulta do borrador do IRPF non se realiza a través do devandito certificado, senón que pode realizarse mediante a identificación como usuario rexistrado na OVEP. É dicir, non se require dispoñer de certificado de firma dixital e o acceso pode realizarse dende calquera terminal con conexión a internet con independencia de onde este situado (posto de traballo, fogar, etc.).



3º.- Trátase simplemente dun sistema de consulta e descarga do Borrador do IRPF (ou dos datos fiscais) xunto co seu "NUMERO DE REFERENCIA". En consecuencia, por este sistema non pode realizarse a confirmación ou modificación dos borradores. A confirmación do borrador de declaración ou a solicitude  de modificación,  que determinará a elaboración pola AEAT dun novo borrador de declaración, poderá realizarse,  facendo constar o Número de Identificación Fiscal (NIF) e o número de referencia do borrador, a través das vías sinaladas na Orde do Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas pola que se aproba o modelo de declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, entre as que destacan as seguintes:



a) Por vía telemática, a través do portal http://www.agenciatributaria.es ou mediante mensaxe SMS. b) Por vía telefónica, mediante chamada ao número 901 200 345, 901 223 344 ou 901 12 12 24.



A confirmación do borrador de declaración poderá efectuarse, calquera que sexa o seu resultado, a ingresar, a devolver ou negativo, a partir do día 2 de abril sempre que se realice por vía telemática ou telefónica. Si se efectúa por outra vía, o prazo empeza o día 13 de maio.



En conclusión, a vantaxe de empregar este sistema consiste en que se anticipa a dispoñibilidade do borrador do IRPF ou dos datos fiscais, o que lle permitirá anticipar a presentación da declaración (confirmando ou modificando o borrador) e, no seu caso, anticipar a solicitude de devolución.

 

4º.- Finalmente, hai que destacar que a única consecuencia que se deriva do emprego deste sistema de consulta consiste en que unha vez que se acceda  ao  borrador ou  aos  datos  fiscais  por  parte  do  empregado público  (descarga  a  través  do  OVEP),  a  AEAT  considerará comunicado o devandito borrador (ou datos fiscais) polo que non o remitirá en formato papel por correo ordinario ao domicilio do contribuínte. O feito de que o usuario deste sistema rexeite o envío en papel do seu borrador do IRPF representa unha nova vantaxe do sistema de consulta considerando o importante consumo de recursos públicos que supoñen eses envíos, así como os seus evidentes efectos sobre o medio ambiente, responsabilidade de todos.



O procedemento de consulta e remisión do borrador encóntrase amparado polo artigo 96 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria, relativo á utilización de tecnoloxías informáticas e telemáticas no ámbito tributario, en cuxo apartado 1 se dispón que "A Administración tributaria promoverá a utilización das técnicas e medios electrónicos, informáticos e telemáticos necesarios para o desenvolvemento da súa actividade e o exercicio das súas competencias, coas limitacións que a Constitución e as leis establezan" e continúa o apartado 2 establecendo que "Cando sexa compatible cos medios técnicos de que dispoña a Administración tributaria, os cidadáns poderán relacionarse con ela para exercer os seus dereitos e cumprir coas súas obrigas a través de técnicas e medios electrónicos, informáticos ou telemáticos coas garantías e requisitos previstos en cada procedemento". Así mesmo, tense en conta o disposto no Capítulo II do Título I da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos Servizos Públicos, relativo ás formas de identificación e autenticación ante as Administracións Públicas.



O procedemento de consulta e remisión do borrador respecta os dereitos fundamentais á honra e á intimidade persoal e familiar dos cidadáns e á protección de datos persoais que prescriben os apartados 1 e 4 do artigo 18 da Constitución Española, nos termos previstos na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, no Real Decreto 1720/2007, do 21 de decembro, de desenvolvemento da Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal, e na Instrución da Dirección Xeral da Axencia Estatal de Administración Tributaria número 5, do 12 de setembro de 2001, que implanta o documento de seguridade dos ficheiros automatizados de carácter persoal da Axencia Tributaria.



Moitas grazas pola súa colaboración,

O director da Axencia Tributaria de Galicia



Ulpiano L. Villanueva Rodriguez




SALUDOS

PRIMERA FUERZA SINDICAL EN JUSTICIA A NIVEL NACIONAL


CSI  Defendiendo lo público

Central Sindical Independiente y de Funcionarios    Sector  Justicia   

c/ Fernando el Santo, nº 17, 2ª 28010 MADRID Teléfono: 91 567 44 69 y 91 567 59 91  web: www.csi-f.es/justicia correo electrónico: justicia@csi-f.es

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario