Páginas

Google Website Translator Gadget

miércoles, 20 de marzo de 2013

INFORMACIÓN NORMATIVA DE PERMISOS Y VACACIONES 2013

CSIF      JUSTICIA      INFORMA


A DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA ACCEDE AS PETICIÓNS DE CC.OO, SPJ-USO, UGT, CSI-F e CIG E  PERMITIRÁ DE FORMA INMEDIATA DISFRUTAR DE FORMA INDEPENDENTE DE ATA 5 DÍAS HÁBILES DAS VACACIONS POR ANO NATURAL

 

O pasado 12 de marzo, as cinco Centrais Sindicais con representación na Mesa de Negociación (CC.OO, SPJ-USO, UGT, CSI-F e CIG), únicas con capacidade de negociación ante a Mesa Sectorial de Xustiza de Galicia, achegamos escrito no que interesábamos que polo Director Xeral de Xustiza se diten as instrucións oportunas para que os servizos de Xustiza das catro delegacións territoriais, cumpran coa legalidade vixente e apliquen de xeito inmediato as disposicións contidas na Resolución de 28 de decembro de 2012 da Secretaría de Estado de AA.PP, no que afecta á posibilidade de gozar de forma independente de ata 5 días hábiles das vacacións por ano natural.

 

Insistimos que esta comunicación debía ser inmediata á vista das datas en que nos encontramos e da proximidade da Semana Santa, na que negar o desfrute das vacacións da forma exposta, ocasionaranos graves prexuízos derivados da imposibilidade de conciliar a vida laboral e familiar froito dunha actuación arbitraria e indiscriminada carente de apoio normativo algún.

 

 

A DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA, ven de aceptar as nosas  peticións e PERMITIRANOS DE XEITO INMEDIATO, SOLICITAR O DESFRUTE INDEPENDENTE DE ATA 5 DÍAS HÁBILES CON CARGO AS VACACIÓNS DE 2013. ESTES DÍAS PODEN ACUMULARSE AOS DE ASUNTOS PARTICULARES DESTE ANO 2013.

 

 

Con independencia deste acordo, lembrade que as cinco Centrais Sindicais con representación na Mesa de Negociación seguimos mantendo que como mínimo deben ser 15 días os que se poidan coller de xeito independente, pois por desgraza a redución de días de asuntos particulares obrigará moitos traballadores a utilizar os días de vacacións para conciliar a vida laboral e familiar e cubrir os períodos de enfermidade para non ver minguadas as súas retribucións (un 50% os tres primeiro días).


SALUDOS

PRIMERA FUERZA SINDICAL EN JUSTICIA A NIVEL NACIONAL


CSI  Defendiendo lo público

Central Sindical Independiente y de Funcionarios    Sector  Justicia   

c/ Fernando el Santo, nº 17, 2ª 28010 MADRID Teléfono: 91 567 44 69 y 91 567 59 91  web: www.csi-f.es/justicia correo electrónico: justicia@csi-f.es

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario