Páginas

Google Website Translator Gadget

domingo, 22 de julio de 2012

¿Que pasa en caso de recuperar la extra (perdida)?

CSIF               JUSTICIA      INFORMA       


Referencias do Consello da Xunta do día 20/07/0212.

OS EMPREGADOS PÚBLICOS GALEGOS RECUPERARÁN A PAGA EXTRA DE 2012 EN EXERCICIOS FUTUROS E DE FORMA DIRECTA NA NÓMINA

Esta é a terceira rebaixa de salarios para o Goberno e presidente da Xunta acumula unha diminución do 22% no que vai de lexislatura; os conselleiros un 17% e os secretarios xerais, directores xerais, delegados territoriais e asimilados nun 15%
A Xunta aprobou hoxe nun Consello Extraordinario o proxecto de lei que modificará a Lei de Orzamentos para adaptala ao Real Decreto Lei 20/2012  Tamén se aplicará esta medida aos directivos das empresas públicas do sector autonómico, que se engadirá á recente baixada dun 9% de media  O Goberno aforrará esta lexislatura 30 millóns de euros coa redución de altos cargos e
persoal de gabinete Os empregados públicos galegos recuperarán a paga extra suprimida este ano en exercicios futuros, no marco dos parámetros fixados pola Lei de Disciplina e Sostibilidade Orzamentaria; mentres que no caso dos empregados estatais se fará a
través dos plans de pensións.
Así se recolle no proxecto de lei aprobado hoxe polo Goberno galego nun Consello Extraordinario para modificar a actual Lei de Orzamentos e adaptala ao disposto no Real Decreto Lei 20/2012.

No hay comentarios:

Publicar un comentario