Páginas

lunes, 4 de junio de 2012

NOTA INFORMATIVA PROPUESTA DE MODIFICACIÓN CALENDARIO LABORAL

CSIF      JUSTICIA      INFORMA   


A NEGOCIACIÓN "MAQUIAVELICA" PRANTEXADA POLO DIRECTOR XERAL E  "AMPLIFICADA" POLA ACTITUDES POPULISTAS DE CERTOS SINDICATOS, PODE ACABAR COA CONCILIACIÓN DA VIDA LABORAL E FAMILIAR E COA FLEXIBILIZACIÓN HORARIA EN GALIZA
 Nun primeiro lugar uns dixeron que o horario fixo se ampliaba a 6 horas e media ¡¡NADA DE NADA!!
             Agora outros realizan enquisas para ampliar o horario fixo a 6 horas, que é o que quere o Director Xeral, sen explicar que a MEDIA HORA DE LIBRE DISPOSICIÓN ACTUAL, NON SE RECOLLERÁ EN NINGUNHA PARTE DO CALENDARIO LABORAL e, o único que termos será a palabra do Director Xeral de mantelo no futuro, cando a lexislación actual o PROHIBE.
        Para CC.OO, CSIF e CIG a palabra do Director Xeral non ten ningún valor, tal e como ven demostrando coa amortización de 108 plazas a través do Concurso de Traslados, ao dicir na Mesa de Negociación que no as ia a amortizar cando na realidade foi todo ao contrario.
 O mesmo Director Xeral, que pertenece ao Partido Popular do Sr. Mariano Rajoy, e que aprobou o R.D Lei 20/11 de 30 de decembro de medidas urxentes en materia orzamentaria, tributaria y financieira para a corrección do déficit público que establece "que a partir del 1 de Enero de 2012, y para el conjunto del Sector Público Estatal, la jornada ordinaria de trabajo tendrá un promedio NO INFERIOR a 37 horas y 30 minutos", convenceu a algún Sindicato para ampliar o horario fixo actual de 5 horas e 30 minutos a 6 horas, a cambio do seu "compromiso verbal", pois o R.D. Lei antes citado e a propia Orde do Ministerio prohíben mantener a media hora de libre disposición actual.
Desde CC.OO, CSIF, e CIG opoñemonos ao prantexamento do Director Xeral por varios motivos:
 A.- Despois da amortización de 108 prazas a través do Concurso de Traslados recién convocado, a pesar de comprometerse na Mesa Sectorial a non realizala ata negociar o Plan de Optimización presentado, A SÚA PALABRA NON VALE NADA.
 B.- Non nos cremos que o Director Xeral arrisque o seu posto de libre designación incumprindo o R.D Lei 20/11 aprobado polo Sr. Rajoy e o Calendario Laboral do Ministerio de Xustiza do Sr. Gallardón. No caso remoto de facelo ¿quen garante que o seguinte Director Xeral, ou este mesmo cumpran algo que non aparece recollido en ningunha parte?
 C.- CC.OO, CSIF, CIG sempre loitaron por mantener o horario fixo de 5 horas e 30 minutos pois: Permite conciliar a vida laboral e familiar, A flexibilización do horario para a realización das dilixencias urxentes, lei do xurado, dilixencias nocturnas, notificacións, lanzamentos, Violencia de Xenero e, Potencia a autorganización do propio traballador e a flexibilidade da súa hora de entrada e salida. Etc.
 D.- No borrador presentado pola DXX, ademais de ampliar o horario fixo a 6.00 horas, reduce as franxas horarias para realizar o horario flexible. Antes podíase realizar horario flexible ata las 20.00 horas e agora prantexan que sexa só ata as 18.30 horas.
 E.- O borrador do Calendario Laboral elimina a consecución histórica das 35 horas laborables conseguidas co Bipartito.
 F.- A actitude da Dirección Xeral é absolutamente deplorable e digna doutras épocas. Non é de recibo que na Mesa de Traballo do Calendario Laboral e no propio texto que presentou a Administración tras esa Mesa se recolleran as 5 horas e 30 minutos e agora presenten outro con 6 horas de horario fix00o.
 G.- Coas 6 horas de horario fixo todo funcionario que non teña fillos menores de 12 años ou simplemente NON teña fillos verase obrigado a entrar a traballar as 8.30 horas e salir as 14.30 horas ou entrar a las 9.00 horas e salir as 15.00 horas para cumprir co horario fijxo.
 H.- Finalmente a administración cárgase totalmente o concepto de xornada de verán que viñamos disfrutando ata o de agora e o convirte en horario recuperable, e dicir, o horario que non se faga nos tres meses de verán haberá que recuperalo nos 9 meses restantes.

 Esta foi e será a posición de CC.OO, CSIF e CIG neste tema. Nunca compartimos aquelo que dicía Groucho Marx "Estos son mis principios y si no te gustan tengo otros"

No hay comentarios:

Publicar un comentario