Páginas

Google Website Translator Gadget

jueves, 16 de febrero de 2012

Referencia do Consello da Xunta celebrado hoxe en San Caetano

CSIF               JUSTICIA      INFORMA    




Autorízase tamén ao Consello da Xunta para revisar as retribucións do persoal directivo dos entes instrumentais, así como das dietas por asistencia a consellos de administración  
A XUNTA APROBA MEDIDAS NA ADMINISTRACIÓN QUE PERMITEN MANTER OS SALARIOS DOS EMPREGADOS PÚBLICOS 

-  Os únicos que verán reducidas as súas retribucións serán os ex altos cargos 
-  A aprobación desta lei non implica a redución de xornada nin para os funcionarios nin para os interinos, e en ningún caso afectará aos de sanidade e educación 
 - Todas as medidas que toma o Goberno galego xa están implantadas noutras autonomías e a comunidade non inclúe ningunha adicional 
-  As medidas serán temporais e revisaranse no ano 2014 en función da evolución do PIB autonómico e non afectarán á prestación do servizo aos administrados  
-  Galicia é a comunidade que regula con mellores condicións para os empregados públicos a incapacidade temporal 
 - Os empregados públicos galegos terán os mesmo días  de libre disposición que os estatais 

O Goberno galego aprobou hoxe o proxecto de lei de  medidas temporais en determinadas materias do emprego público, un paquete de actuacións na Administración e que permiten que esta comunidade, ao contrario do que fixo o anterior Goberno central e polo menos tres comunidades, non tocar as retribucións dos empregados públicos. 

Os únicos que verán reducidos os seus salarios serán os funcionarios ex altos cargos, xa que Galicia se converte nunha das dúas únicas comunidades en suspender o complemento dos ex altos cargos, polo que este colectivo si verá diminuídos os seus ingresos. 

Autorízase ao Consello da Xunta de Galicia para que, en base a parámetros obxectivos, poida revisar as retribucións do persoal directivo  dos entes instrumentais do sector público autonómico, así como das dietas por asistencia a consellos de administración. 

A aprobación desta norma non implica a redución de xornada nin para os funcionarios nin para os interinos. Todas as medidas que toma o  Executivo autonómico xa están implantadas noutras autonomías, polo que a Comunidade galega optou por non executar ningunha iniciativa adicional o novidosa. Ademais, estas medidas teñen igual ou menor intensidade que nas demais autonomías

Como exemplo, Galicia será a comunidade que regulará con mellores condicións para os empregados públicos a incapacidade temporal, algo que teñen implantado outras cinco autonomías, País Vasco, Madrid, Canarias, Valencia e La Rioja. Así, o Goberno galego completará o 100% do salario desde o primeiro día de baixa cando sexa por enfermidade profesional, accidente laboral, maternidade e por enfermidade común cando conleve intervención cirúrxica ou hospitalización. Igualmente aboarase o 100% desde o primeiro día para as contixencias relacionadas co risco por embarazo, risco durante a lactancia natural e paternidade. 

As medidas serán temporais e serán revisadas no ano 2014 en función da evolución do PIB autonómico, serán para todo o persoal dependente da Administración autonómica, pero non afectará á prestación do servizo aos cidadáns. Cando entre en vigor esta lei os empregados públicos galegos manterán os seus días de vacacións e terán os mesmos días de libre disposición que teñen recoñecidos os estatais, segundo o Estatuto Básico do Empregado Público

No hay comentarios:

Publicar un comentario