Páginas

Google Website Translator Gadget

miércoles, 8 de febrero de 2012

RECORTES PROPOSTOS POR FEIJOO: NOTA OFICIAL CSI.F

CSIF      JUSTICIA      INFORMA   

Nota Oficial
Dende a CSI-F rexeitamos os novos recortes propostos polo goberno Autónomo por entender que nin son xustos nin son eficaces para resolve-los problemas da crise.  
A situación de recortes na área publica non e nova,  o persoal da administración pública galega estamos a ver recortados os nosos dereitos de forma continuada dende 2009 ca suspensión de acordos, redución salarial no 2010 conxelación salarial no 2011 e 2012. O que supón en moitos casos perdas retributivas superiores o 15% nos empregados públicos o que temos que sumar a diminución das retribucións que suporá o aumento do IRPF e o incremento do IBI.
Constatamos que estas medidas no son eficaces, estes días  temos coñecido  os datos do paro do primeiro mes do ano, e o incremento das listas do paro rexistradas en Galicia ha sido demoledor 271.284 un 10.35% mais que en xaneiro de 2011.  Ponse  de manifesto que as políticas de recorte afondan na destrución de emprego.  
As restricións salariais, a diminución da xornada e retribucións de interinos, as baixas que non se cobren, a oferta de emprego paralizada a escandalosa diminución da taxa de reposición crean un negro panorama na función pública da nosa comunidade.
Non estamos a ver medidas valentes que afronten a economía somerxida, que rematen ca evasión de impostos e ca vergoña dun IRPF onde so pagan as rendas do traballo 
Instamos a apertura do Dialogo Social nas Administracións Públicas como elemento de traballo necesario para superar a actual crise e para modernizar as Administracións Públicas
Pedimos que o control do gasto das distintas Administracións  sexa un feito constatable e de obrigado cumprimento e a esixencia de responsabilidades os que ca súa irresponsabilidade, han incrementado desmesuradamente o déficit nos seus respectivos ámbitos 
Esiximos rematar cas duplicidades na administración, ca impunidade dos responsables da situación de crise que estamos a vivir non podemos esquecer que o déficit público que asola o noso pais e consecuencia de políticas de derroche e corrupción e non dos servizos públicos nin dos salarios dos empregados públicos. 









Propostas da  administración FEIJOO

Artigo 2. Incapacidade temporal.
Nos procesos de incapacidade temporal debidos a accidente de traballo, enfermidade profesional e maternidade do persoal incluído no ámbito de aplicación desta lei, ao que lle é de aplicación o réxime xeral da Seguridade Social, complementaranse as prestacións da Seguridade Social ata o 100% das súas retribucións dende a data de inicio da dita situación ata o esgotamento da mesma. Nos demais supostos soamente abonarase o complemento ata acadar o 100% das retribucións a partires do día vinte e un da incapacidade.
Una coidadora, enfermeira que tras vinte anos traballando teña que ser operada por ter una hernia (non se recoñece como enfermidade profesional a pesares de que a súa causa sexa a mobilización de doentes) non cobrara nada os 3 primeiros días da baixa e os seguintes 18 o 60 % das súas retribucións.
Artigo 3. Acción Social.
1. Suspéndese para todo o persoal incluído no ámbito de aplicación desta lei a convocatoria e concesión de calquera axuda derivada de concepto de acción social, así como calquera outra que teña a mesma natureza ou finalidade, así como o abono de calquera axuda de acción social, agás a axuda por persoa con discapacidade que non poderá ser superior á contía de 180 euros mensuais por cada persoa, mentres estea en vigor esta lei.
Os cartos que solidariamente os empregados públicos retráemos da nosas subas salariais  para favorecer os compañeiros con mais necesidades son confiscados pola Administración.
Artigo 4. Modificación do Decreto Lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da lei da función pública de Galicia.se aproba o Texto Refundido da lei da función pública de Galicia.
Un. - Modifícase o punto 1 do artigo 49 do Decreto Lexislativo 1/2008, do 13 de Marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei da función pública de Galicia, que queda redactado como segue:
"A xubilación forzosa do persoal funcionario declararase de oficio ao cumprir a persoa a idade legalmente establecida.
Dous.- O punto 3 do artigo 76 do Decreto Lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei da función pública de Galicia, que queda redactado como segue:
"Poderase dispoñer dos días ao ano que estableza a lexislación básica do Estado, como máximo, de permiso para asuntos persoais sen xustificación, atendendo sempre ás necesidades do servizo."
A Xubilación obrigatoria, sen plan de ordenación dos recursos humanos e sen reposición de efectivos  ou con un máximo do 10% , levara a un ERE brutal en sectores esenciais como a Sanidade, os servizos sociais, a loita contra incendios, etc.
Incrementase a xornada anual en 21 horas para todos os traballadores a quendas ( e o único aforro pois os días de asuntos persoais non se sustituen)
Tres.- Complemento de destino dos ex-altos cargos.
Suspéndese o aboamento da cantidade, que se establece na disposición adicional décimo sétima do Decreto Lexislativo 1/2.008, de incremento do complemento de destino na cantidade necesaria para igualalo ao valor do complemento de destino, ou concepto equivalente que a Lei de orzamentos xerais do Estado fixe para as directoras e directores xerais.
Suspenden o plus de altos cargos pero os empregados públicos levamos dende 2009 coa suspensión de acordos de melloras xa firmados e publicados.
Artigo 5. Xornada laboral.
1. A partir da entrada en vigor desta lei, e para o conxunto de todo o persoal comprendido no artigo 1 de esta lei, a xornada ordinaria de traballo terá un promedio semanal non inferior as 37 horas e 30 minutos.
Esta media semanal entenderase sen prexuízo das xornadas especiais existentes, que terán as adaptacións necesarias para adecuarse a modificación xeral na xornada ordinaria.
2. O persoal funcionario de carreira e o persoal laboral fixo poderá voluntariamente solicitar a redución da súa xornada, coa correspondente redución proporcional de retribucións, con límite máximo dun tercio da xornada efectiva; tendo en conta sempre as necesidades do servizo. A concesión de dita redución, no caso de autorizarse a mesma, corresponderá ao órgano que desempeñe, no seu caso, as competencias en materia de persoal.
3. Habilítase ao Consello da Xunta para acordar a redución do xornada coa correspondente redución retributiva do persoal interino ou temporal de todo o persoal comprendido no artigo 1 de este lei, cun tope máximo dun tercio de xornada efectiva. O acordo determinará o persoal afectado e a duración da medida, que non poderá ser superior a cinco anos.

Na administración publica os traballadores xa estamos con esa xornada, pero dado o seguimento de este Gobernos das medidas da Sra Aguirre nos tememos que pretendan pagar as gardas de sábado como de 17 horas en vez de 24,  cousa que en Madrid parece que xa van retirar polo menos o persoal residente en formación (MIR, FIR,  EIR...)
A redución da xornada laboral dos interinos, na administración de xustiza, no ensino, nos servizos sociais,na sanidade, na administración xeral ...  xunto coa non sustitución nas baixas, levara os servizos publicos a una situación caotica e de perda de calidade.

Artigo 6. Suspensión da aplicación de determinados artigos do Convenio colectivo.
Un. Suspéndese a aplicación do artigo 19, agás o apartado 1, do V Convenio Colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.
Dous. Suspéndese a aplicación do artigo 29 "Dereito a comedor" do V Convenio Colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, agás o dereito do persoal que traballe en quenda de noite a recibir bebidas frías e quentes recoñecido no inciso final do primeiro parágrafo.
Tres. Suspéndese a aplicación da disposición adicional 3ª do V Convenio Colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.
 
 
Artigo 7. Provisión de postos de traballo e mobilidade.
1. Os postos, tanto do persoal funcionario como de persoal laboral, que estean afectados pola reserva establecida na disposición transitoria décimo cuarta do decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, non serán ofertados en ningún proceso de provisión de postos de traballo, mentres non se resolva o proceso extraordinario de consolidación para o ingreso na correspondente escala ou categoría.
2. O disposto neste artigo será aplicable aos concursos de traslados convocados e non resoltos ao tempo de entrada en vigor desta lei. Facultase a Administración a adaptar as convocatorias ao previsto neste artigo mediante orde do órgano competente.
 
CSI-F rexeitamos estes novos recortes e chamamos a mobilización  porque:
. Vólvense centrar nos empregados públicos que se converten así nos auténticos pagáns dunha crise económica multiplicada pola dilapidación e a irresponsabilidade de políticos corruptos e ineficaces.
. A sucesión de suspensión de acordos- recorte – conxelacións - recorte de dereitos, unido á suba constante do IPC supón unha perda de poder adquisitivo por enriba do 20% para máis de 90.000 empregados públicos en Galicia.
. Son unha agresión brutal aos funcionarios, laborais e estatutarios da Comunidade Galega que, tras un vergonzoso proceso de criminalización e linchamento, viron reducidas as súas retribucións en Madrid e ven recortados os seus dereitos en Santiago.
. Restricións salariais, centos de interinos á rúa, baixas que non se cobren, oferta pública de emprego paralizada e escandalosa diminución da taxa de reposición crean un desolador panorama na función pública da nosa Comunidade.
. Non hai medidas valentes que afronten a economía mergullada de autónomos e empresarios, que rematen coa evasión de impostos ou que graven as rendas máis altas.
. Non remata coas duplicidades nin mellora a Administración. Manteñen as institucións e os órganos que lles interesan, prorrogando o caos retributivo nas Administracións Públicas, sen eliminar as que xeran duplicidades e gastos superfluos.
Volven deixar os políticos á marxe dos recortes. A nivel nacional non reducen os 75.000 cargos políticos, os 45.000 asesores ou os 134 millóns de subvención aos partidos. Piden sacrificio aos traballadores mentres duplican cargos e soldos, manteñen unha cohorte de asesores e xubilacións en condicións de escándalo ás que se suma a súa participación en órganos consultivos.
. Contribúen a xerar máis paro e menos crecemento nunha Comunidade onde estamos por enriba de 225.000 desempregados e cun déficit disparatado.
. Supoñen empezar a desmantelar o público e o estado do benestar e quebrar a calidade de servizos sociais básicos como son a sanidade e a educación
. Atacan a dignidade do traballo dos empregados públicos. Traballamos por dar un servizo de calidade a toda a sociedade; por facerche a vida mellor. E esta é a nosa recompensa.
. Nós non tivemos nada que ver coa crise, co afundimento das Caixas Galegas, coa Cidade da Cultura, cos créditos do IGAPE.... cos miles de millóns perdidos ou malgastados. Os políticos si, pero non son inhabilitados nin obrigados a responder co seu patrimonio.





No hay comentarios:

Publicar un comentario